Archivo (3 del 2023)

Buscador

Noticias

Máis de 35 empresas e 350 estudantes e persoas recén tituladas, ás que se suman moitos outras que están a pasar polas casetas sen inscribirse previamente. Así arrancou na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo a II edición de EMPREGOinCAMPUS, a gran cita co emprego universitario, herdeira dos foros de emprego que se viñan organizando en distintos centros do campus de Vigo coma de Ourense, e dos organizados pola propia Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade.
O festival A Revolta do Umia ven de anunciar oficialmente o cartel provisional da súa VI edición. Na nómina de bandas confirmadas inclúense a Ortiga, Monoulious Dop, Loita Amada, Eladio y los seres queridos, Mundo prestigio, Fillas de Casandra, Solar Corona, Aphonnic, Igloo, Dani, Gator the Alligator, Dharmacide, Copa turbo, Duendeneta e Xaby dj.
Despois de que as convocatorias abertas para a adxudicación deste servizo quedasen desertas, o espazo que ocupaba a cafetaría da Facultade de Belas Artes converteuse neste curso na sede de O Abrigo, un proxecto expositivo coordinado polo colectivo Refugallo no que van sucedéndose unha serie de mostras colectivas de traballos do alumnado.
Unirisco e Noso Capital co apoio da tres universidades galegas e a Xunta de Galicia promoven unha xornada que reunirá, por primeira vez en Santiago, os 30 principais inversores que impulsan o emprendemento en innovación e transferencia tecnolóxica que operan en España, xunto co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxica Industrial.
Promovido polo Club Peña Trevinca, coa colaboración da Universidade e o Concello de Vigo, o II Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade Vigo desenvolverase entre os día 21 ao 23 de marzo no Auditorio do Concello, centrado na escalada en Alaska, os lumes e a emerxencia climática, e programado arredor da celebración o 26 de marzo do Día Mundial do Clima.
Dirixida polo egresado Miguel Gómez Abad, Cando o tempo acabe é unha curtametraxe de ciencia ficción nacida como traballo de fin de grao (TFG) de varios estudantes da Facultade de Comunicación, que formará parte das programacións tanto do Festival Internacional de Cine de Málaga como dun dos principais escaparates cinematográficos do mundo, o Festival de Cannes.
O Premio Aresa supón un recoñecemento a 'un soño de 50 anos de historia na Galicia rural', segundo se puxo de manifesto na entrega da vixésima terceira edición do galardón convocado polo Aresa e USC, no marco dunha sesión na que interviron como relatores o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o reitor da USC, Antonio López; o presidente fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, e a CEO de Leite Río.
A fiscalidade da enerxía eólica e a análise socieoeconómica da vulnerabilidade de Galicia centran os traballos gañadores da novena edición do Premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia. O galardón, entregado este venres 10, foi convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC e o Consello Económico e Social de Galicia (CES-Galicia).
O Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (Ifcae), con sede no campus de Ourense, arranca a súa actividade. Este venres celebrouse a xuntanza de constitución da súa xunta directiva, sendo elixido como director comisario o profesor Ángel Paredes. Doutor en Física, Ángel Paredes é profesor titular no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, institución á que se incorporou no ano 2011.
'Elas. As voces do sector' era o título da mesa de debate que, no marco dos actos conmemorativos do 8M, reuniu este xoves no campus a profesionais da comunicación e da industria musical, co obxectivo tanto de percorrer as súas traxectorias, como de reflexionar sobre as desigualdades, desde a fenda salarial ata o teito de cristal, ás que as profesionais teñen que enfrontarse no mercado laboral.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES