
Tras acoller nos últimos meses unha exposición de gravados e outra de retratos, nestes días poden contemplarse neste espazo os traballos fotográficos de 17 alumnos e alumnas, que dan como resultado unha mostra con gran heteroxeneidade, como destacan desde Refugallo.
De feito, alén da diversidade temática, a exposición permite observar tanto traballos de fotografía dixital como analóxica, ao igual que intervencións sobre as imaxes a través do debuxo ou instalacións que teñen na foto o seu punto de partida. Como explican desde Refugallo, esta mostra é o resultado dunha convocatoria aberta, na que o único que se define é a temática, de tal xeito que reúne as obras de todo o estudantado que se presentou. De feito, trátase da mostra na que tivemos a maior participación ata o momento, recoñece este colectivo de alumnos e alumnas, impulsado por Blanca Castro, Candela Eirea, Daniel Calvar, Paloma Domínguez e Xoana Abraira coa idea de contribuír á dinamización da facultade.
Na exposición que pode visitarse ata este venres reúnense as creacións fotográficas de Mónica Lago, Arantza Portables, Santi Almeida, Míriam Núñez, Alba Pino, Mónica Lago, Héctor Pousa, Carlota Lois, Laura Trabazo, Ana de Juana, Nico Pi, Sara Ricoy, Taro, Candela Domínguez, Carla Vizcaya, Carmen Sanmartín e Cora Novoa.
Cadernos e bocexos centrarán a seguinte mostra
De xeito paralelo, Refugallo impulsou nas últimas semanas a convocatoria da seguinte exposición, que estará centrada no sketchbook, nos cadernos de bocexos cos que traballan as e os artistas. Queremos ofrecer O Abrigo como un espazo no que alumnado poida mostrar as súas experimentacións, salientan os coordinadores desta iniciativa. Deste xeito, trátase dunha exposición aberta á pesentación de libretas, como a que o alumnado poida intervir unha parte da parede pegando bocexos, inspiracións de todo o que se lle ocorra..., así como a fotos, obras que lles servisen como inspiración e outro tipo de materiais. A convocatoria para participar nesta iniciativa permanece aberta ata este xoves e está previsto que esta nova exposición abra as súas portas o vindeiro martes 21 de marzo.
Trátase igualmente dunha convocatoria aberta, que dará como resultado unha exposición que, dentro das limitacións de espazo, poida acoller todas as obras presentadas, como aconteceu tamén coas anteriores mostras. A estas iniciativas súmanse á súa vez outra serie de actividades, como a organización de talleres, que tamén teñen lugar nesta sala. Nese senso, ante a imposibilidade de pór en marcha no presente curso o servizo de cafetaría, desde o Decanato acometeuse un acondicionamento deste espazo coa idea de destinalo temporalmente a unha iniciativa áberta ás propostas do alumnado, que contribúa a que o estudantado poida desenvolver unha programación continuada de exposicións.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.