Archivo (3 del 2023)

Buscador

Noticias

Os estudos científicos que cuestionan a viabilidade do cambio estacional de hora ao atribuírlle efectos nocivos na saúde humana poderían estar a xerar unha alarma innecesaria. Os investigadores da USC Jorge Mira Pérez, e da Universidade de Sevilla, José María Martín Olalla, analizaron os 13 artigos máis citados neste campo, utilizados en informes de avaliación da Comisión Europea para cuestionar a viabilidade da práctica do cambio de hora.
O cambio climático é un problema global que require dun conxunto de accións por parte de múltiples axentes e organismos. Non obstante, o feito de que a loita contra os seus efectos estea ligada a grandes acordos internacionais fai tamén que actores como as administracións locais vexan diluído o papel que poden xogar.
Galicia atópase á cabeza do consumo de prensa de papel, ademais de ser a comunidade que se declara máis informada no referente á actualidade política e tamén a de maior consumo de medios dixitais. Son algunhas das conclusións dunha sondaxe presentada na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e elaborada por Metroscopia e a Fundación AXA para o foro independente Xornalismo 2030.
As VIII Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad, JNIC, principal referencia en xeración de coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel estatal, celebraranse este ano en Vigo. Serán do 21 ao 23 de xuño organizadas polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, e o centro tecnolóxico Gradiant, co apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridade, Incibe.
Preto de cen profesores e persoal de administración e servizos de universidades de máis de vinte países participarán na Semana Internacional da Universidade da Coruña que terá lugar do 27 ao 31 de marzo. O Paraninfo da UDC acollerá o día 27 o acto de inauguración, e a clausura da o venres 31, mentres o resto das actividades terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación.
Ortiga e Dani, nomes artísticos de Manuel González, alias Chicho, e Daniela Díaz Costas, conforman o cartel de Sonora `2.3, o festival das novas músicas da UVigo que se celebrará o 13 de abril a partir das 17.30 horas no teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria do campus vigués. Dani será a primeira en subir ao escenario do Vidal Bolaño a partir das 17.30 horas, mentres que Ortiga comezará a súa actuación unha hora máis tarde. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade do teatro.
O lobo feroz xa non se agocha baixo o disfrace de avoa, agora agarda as súas vítimas escondido nas redes sociais. E é que aínda que a sociedade ten avanzado moito no eido da igualdade e da diversidade de xénero, 'as carapuchiñas do século XXI non se libran do acoso dos lobos a través das pantallas'.
O proxecto iRead4Skills centrarase en avaliar e reducir as carencias en competencias lectoras das persoas adultas con baixo nivel de alfabetización, promovendo así o desenvolvemento das súas competencias fundamentais e transversais. O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) axuntará esforzos con outras sete institucións europeas para mellorar este tipo de formación.
Con sede no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e coa científica Estefanía Paredes como presidenta fundacional, nace a Sociedad Española de Criobiología (SECrio). Esta entidade pretende agrupar unha ampla diversidade de profesionais con intereses neste ámbito de coñecemento que estuda os efectos das baixas temperaturas en materiais ou sistemas biolóxicos.
Un dos grandes misterios en astropartículas é saber como unha partícula, na súa viaxe polo cosmos de centos de millóns de anos luz cara á Terra, pode ser acelerada cunha enerxía ata dez millóns de veces superior á que alcanzan os protóns no acelerador de partículas máis potente do mundo, o Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES