Notas de prensa

Ortiga, Monoulious Dop, Dani, e Eladio y los seres queridos, entre os grupos confirmados polo festival A Revolta do Umia

O festival A Revolta do Umia ven de anunciar oficialmente o cartel provisional da súa VI edición. Na nómina de bandas confirmadas inclúense a Ortiga, Monoulious Dop, Loita Amada, Eladio y los seres queridos, Mundo prestigio, Fillas de Casandra, Solar Corona, Aphonnic, Igloo, Dani, Gator the Alligator, Dharmacide, Copa turbo, Duendeneta e Xaby dj.


Entre as bandas que formarán parte da cita musical haberá representación local coas bandas Pants Off, da Estrada, e Bellvitge, que conta con membros da localidade cuntiense.

Unha vez máis o festival aposta pola pluralidade e a diversidade de estilos, que van desde o rock, o punk-rock ou o shoegaze, ata a cumbia, a electrónica ou o metal alternativo.

Entre as múltiples novidades e sorpresas que prepara a organización, a sesión vermú deste ano contará co concerto de dúas bandas, e a continuación sesión dj de Duendeneta.

Adicionalmente, este ano, como novidade, a organización decidiu apostar por recuperar o formato físico de entradas, que estarán dispoñibles en varios locais da comunidade.

Os abonos poden adquirirse na web oficial do festival http://arevoltadoumia.gal.

Festival A Revolta do Umia, 2023-03-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES