Notas de prensa

Unha xornada reunirá en Santiago aos principais inversores que impulsan o emprendemento en innovación e transferencia tecnolóxica en España

Unirisco e Noso Capital co apoio da tres universidades galegas e a Xunta de Galicia promoven unha xornada que reunirá, por primeira vez en Santiago, os 30 principais inversores que impulsan o emprendemento en innovación e transferencia tecnolóxica que operan en España, xunto co Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxica Industrial.

O encontro permitirá analizar os beneficios e impactos positivos na sociedade de investir en ciencia. Coa presenza dun conxunto de entidades que xestionan máis de 6.000 millóns de euros, a finalidade do encontro é demostrar que a inversión en ciencia, a través da innovación aberta, resolve os retos aos que se enfronta a sociedade actual achegando, ademais, respostas que atenden aos novos requirimentos ambientais. No seu desenvolvemento, a xornada conta co apoio de SpainCap, Abanca, Ribera Salud, Ernest & Young e Alira Health.

En opinión das entidades promotoras da xornada, a súa celebración en Galicia está relacionada co grande interese que esperta Galicia entre os inversores polos seus ecosistemas en produción científica en sectores como a biotecnoloxía, a bioeconomía, a saúde e a sustentabilidade, a intelixencia artificial, analítica de datos ou a ciberseguridade. Son, engaden, actividades transversais que contribuirán a mellorar a competitividade do conxunto de sectores, como a alimentación (humana e animal), pesca, agricultura, forestal e madeira, enxería, medio ambiente e economía circular.

Programa

A xornada leva por lema ‘Investir en ciencia si é rendible. Impacto e retorno’ e desenvolverase ao longo dos días 21 e 22. Na primeira sesión identificaranse áreas de interese para inversores en etapas temperás, e prestarase atención ao incremento da colaboración a través de ferramentas como a co inversión, así como a promover a inversión con impacto, tanto dende o punto de vista social como ambiental. Nela participarán representantes de CDTi ou Xesgalicia; dos clústeres Bioga, Clusaga ou Viratec; de centros tecnolóxicos como CITIC ou Gradiant; así como emprendedores como Cáncer Innova, ou unha representación das tres universidades galegas.

Na sesión do 22 de marzo, unha vintena de especialistas defenderán a aposta pola innovación e o emprendemento como a solución aos problemas da sociedade actual e profundarán nos motivos polos que investir en ciencia é rendible.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-03-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES