
Tres relatorios, impartidos por mulleres, e a proxección de dous documentais conforman o programa do ciclo deste ano, que arrancará o martes 21 coa deportista catalá Silvia Vidal e continuará ao día seguinte coa enxeñeira forestal pola UVigo, membro de Adega e experta en lumes forestais, Jenifer Souto. O día 23 a catedrática en Xeografía pola Universidad de Sevilla e investigadora en cambio climático, Mª Fernanda Pita, será a encargada de pechar o ciclo, que comenzou o ano pasado como unha iniciativa do Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia, co obxectivo de sensibilizar aos socios e socias do club, e o público en xeral, na defensa do medio ambiente.
Na presentación do ciclo, celebrada este mediodía no Concello de Vigo, Nuria Rodríguez, edil de Medio Ambiente destacou o éxito da primeira edición e agradeceu que Trevinca aceptase a suxestión de, pola proximidade do evento co 8M, contasen cunha presenza destacada de mulleres no evento. Que o segundo ciclo sexa tan prolífico como foi o primeiro e que cada vez teñamos máis público e máis coñecemento, desexou a titular de Medio Ambiente aos organizadores. Pola súa banda, Lois Faro, presidente de Trevinca destacou a sensibilidade do club co medio ambiente, que se traduce na realización de diversas actividades ao longo do ano promovidos pola súa vocalía centrada en cuestións medioambientais. Logo de traer o ano pasado a tres homes, decidimos este traer a tres mulleres punteiras, cada unha na súa actividade, co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre o medio ambiente e o cambio climático para minorizalo o máximo posible, dixo Faro, que agradeceu a colaboración da UVigo e do Concello. A directora da Oficina de Medio Ambiente da UVigo, Delfina Couce, lembrou as funcións da área que dirixe e as actuacións que desenvolve, como aforro de recursos enerxéticos, erradicación de invasoras, conservación, etc., ao tempo que puxo en valor a colaboración que desde hai anos manteñen co Club Peña Trevinca.
Tres días para gozar e reflexionar sobre o medio ambiente
Tres relatorios, impartidos por mulleres, e a proxección de dous documentais conforman o programa do ciclo deste ano, que arrancará o martes 21 de marzo coa deportista catalá Silvia Vidal, referente da escalada e o alpinismo a nivel mundial. Medalla de ouro da Real Orden do Mérito Deportivo en 2022, Piolet DOr en 2021, Silvia Vidal foi nomeada o pasado mes de febreiro Miembro de Honor de la Sociedad Geográfica Española. Alaska en solitario é o título da presentación da deportista, cuxas expedicións ao Himalaya, Karakorum, Isla de Baffin, Patagonia ou Tailandia son un encontro puro entre o ser humano e a natureza, sen aditivos tecnolóxicos. Na súa intervención, Silvia Vidal, achegará ás persoas asistentes como foi a experiencia abrindo unha nova vía en solitario en Alaska, cargando 150 quilos, cruzando ríos, sen radio, sen teléfono e sen GPS. O coordinador da vocalía de Medio Ambiente e expresidente de Trevinca, Carlos Garrido, será o encargado de conducir a intervención de Silvia Vidal
O mércores 22 os incendios centrarán a segunda xornada do ciclo, que comezará coa proxección do corto documental O Son do Courel, ao que seguirá un relatorio da enxeñeira forestal pola UVigo, membro de Adega e experta en lumes forestais, Jenifer Souto. A responsable da vocalía de Medio Ambiente de Trevinca, Cristina Fernández, conducirá a intervención de Jenifer Souto, na que a enxeñeira forestal falará do pasado, presente futuro dos incendios forestais en Galicia.
A derradeira xornada estará protagonizada pola catedrática en Xeografía pola Universidad de Sevilla e investigadora en cambio climático, Mª Fernanda Pita, que porá en tela de xuízo a estratéxica que se está a seguir, dende quen toma as decisións, ata quen debe ser verdadeiramente o axente de cambio. Emerxencia climática. O estamos a facer ben? é o titulo da derradeira xornada do ciclo, que será presentada pola directora da Oficina de Medio Ambiente da UVigo, Delfina Couce.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.