Archivo (8 del 2022)

Buscador

Noticias

O programa 'A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño' continúa a percorrer Galicia para dar a coñecer a riqueza patrimonial das rutas a Compostela os fenómenos e obxectos astronómicos que podemos avistar ao percorrelas. Esta iniciativa do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC, baixo a dirección de José Ángel Docobo, forma parte das actividades culturais desenvolvidas ao abeiro da convocatoria 'O teu Xacobeo'.
O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC programa o 8 de setembro as XIV Xornadas de Formación e VI Xornadas Internacionais de Educación, Xénero e Igualdade, unha actividade ao que busca promover un modelo de convivencia igualitaria e de relacións interxénero equitativas e democráticas.
A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección de dous casos de influenza aviaria de alta patoxenicidade en aves silvestres. Ambos foron confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid), como paso previo para o seu traslado á Comisión Europea, aos restantes Estados Membros e á Organización Mundial de Sanidade Animal.
A vixésima primeira edición do Festival Titirideza de Lalín arrinca o 26 de agosto. O encontro de teatro de monicreques referente en Galicia programou este ano seis actuacións que se levarán a cabo nunha carpa situada na praza da Igrexa de Lalín ata o 28 de agosto. O día 26 a compañía Xarope Tulú dará comezo ao festival ás 17.30 horas co espectáculo ‘Roupa Tendida’, unha proposta na que conflúen a narración oral e a manipulación de obxectos e monicreques.
O actor Miguel de Lira (Miguel Domingo García), que debe o seu nome artístico aos seus orixes na parroquia de Santa María de Lira, no concello de Carnota, recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2022. Este galardón recoñece cada ano a traxectoria na industria audiovisual galega de profesionais do sector, uníndose a anteriores premiados como Alfonso Agra, Antonio Durán ‘Morris’, Mabel Rivera, Luis Zahera ou Melania Cruz.
A Policía Autonómica, en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, vén de esclarecer un incendio forestal intencionado rexistrado o pasado luns, 15 de agosto, en Santiago de Compostela que afectou 5.900 metros cadrados de monte raso.
A música galega terá unha destacada presenza na 28ª edición de Womex, a Worldwide Music Expo, que se celebrará en Lisboa do 19 ao 23 de outubro. Sheila Patricia viaxará a Lisboa con Orixe, o seu primeiro LP e tamén o seu proxecto máis ambicioso e persoal, no que aposta polas súas raíces musicais con tinguras de vangarda e mesmo ritmos de world music, confirmándose como unha das voces máis prometedoras do actual panorama musical galego.
Os concertos do Xacobeo 21-22 traerá este martes Vigo a artista C. Tangana co seu espectacular tour 2022. Será o escenario do peirao de Transatlánticos, mesmo lugar no que rematou este sábado o exitoso Festival Latitudes, o que acolla a loada posta en escena do cantante madrileño de ascendencia galega e confeso seguidor do Celta.
Comprender a unicidade da necrópole da Lanzada e afondar no coñecemento do proceso de formación do ‘necrosol’, o tipo de solo existente nas superficies que foron empregadas como camposanto, é posible grazas a un estudo recente do grupo de investigación EcoPast da USC. Os resultados da súa investigación foron recollidos no último número da revista Scientific Reports.
O Festival Noroeste Estrella Galicia pecha unha 35ª edición de impacto. A programación do festival contou desde o mércores 10 de agosto ata o domingo 14 de agosto con 51 concertos que encheron durante cinco días de estilos musicais diversos ata 10 enclaves diferentes repartidos pola cidade da Coruña. Unha edición histórica, pola que pasaron en total máis de 187.000 persoas.
« Anterior | 1  de  2 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES