Notas de prensa

A singularidade arqueolóxica e antropolóxica da necrópole da Lanzada ve a luz grazas a unha investigación da USC

Comprender a unicidade da necrópole da Lanzada e afondar no coñecemento do proceso de formación do ‘necrosol’, o tipo de solo existente nas superficies que foron empregadas como camposanto, é posible grazas a un estudo recente do grupo de investigación EcoPast da USC. Os resultados da súa investigación foron recollidos no último número da revista Scientific Reports.

Un equipo investigador conformado por Zaira García López, Antonio Martínez Cortizas, Noemi Ãlvarez Fernández e Olalla López Costas, analizou dende unha perspectiva multidimensional o chan desta coñecida necrópole situada no concello de Sanxenxo para dar a coñecer as características que singularizan o lugar e tamén o valor que este tipo de solos ofrecen cara á investigación arqueolóxica, antropolóxica e edafoxénica.

Os resultados da súa investigación, que conta con financiamento das deputacións de Pontevedra e A Coruña, foron recollidos no último número da revista Scientific Reports. Así, o artigo Understanding Necrosol pedogenetical processes in post-Roman burials developed on dunes sands (Comprender os procesos pedoxenéticos do necrosol nos enterramentos posromanos desenvolvidos en áreas dunares) dá conta dos traballos efectuados en dous dos enterramentos da Lanzada e amplía a información sobre os procedementos útiles para a identificación de foxas. Canda a detección no incremento de fósforo, unha das técnicas máis habituais na localización de enterramentos, as autoras apuntan que “hai catro procedementos máis nos que se debería poñer un foco de atención. Un deles, –a descalcificación–, sería específico de solos dunares como o que se atopa na Lanzada, pero os outros procesos –melanización, acidificación e neoformación de minerais secundarios– serían comúns co resto de 'necrosois' do mundo. Tendo en conta que, en Galicia, debido á acidez do solo non se conservan moitos restos óseos das necrópoles descubertas, este tipo de traballo intenta abrir unha liña de investigación que nos permita achegarnos á realidade dos nosos antepasados”. Cara a este fin encamíñase a tese doutoral da investigadora Zaira García López, primeira asinante do artigo.

Ao afondar nas transformacións que o solo experimenta por mor do contacto secular cos ósos soterrados, a investigación interdisciplinaria desenvolvida polo grupo EcoPast permite aplicar os resultados a casos forenses para saber se nalgunha área se depositou un corpo en descomposición e mesmo describir o ritual de inhumación que seguiron os habitantes da Lanzada no século VI d. C

No artigo, as autoras apuntan que “malia que os nosos resultados son prometedores e proporcionan unha explicación axeitada para outras observacións, necesítanse máis estudos que consideren diferentes marcos cronolóxicos e materiais parentais para entender mellor a formación do necrosol”.

O recente estudo supón unha actualización dos traballos científicos promovidos pola Deputación de Pontevedra na necrópole da Lanzada, obxecto de escavacións en 2010, 2017 e 2021, que permitiron detectar 17 esqueletos e máis de 15.000 pezas arqueolóxicas, identificar restos de vivendas e instalacións produtivas, alén de coñecer a extensión do asentamento humano no lugar.

Universidade de Santiago de Compostela, 2022-08-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES