
Axentes do grupo de investigación de incendios da xefatura da PolicÃa Autonómica identificaron a un dos presuntos autores deste lume rexistrado no lugar dos Vilares, na parroquia de San Caetano, grazas á colaboración de dúas testemuñas que viron fuxir a dúas persoas desde o lugar no que se orixinou o lume.
Na investigación colaboraron tamén axentes da PolicÃa Nacional de Santiago de Compostela e axentes ambientais do Distrito forestal III de Ordes, o que amosa a coordinación e colaboración entre as distintas administracións na loita contra os incendios.
As dilixencias polos feitos xa foron enviadas pola PolicÃa Autonómica ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Santiago de Compostela, se ben a investigación policial segue aberta á espera de identificar a outro dos autores. AsÃ, as pescudas da PolicÃa Autonómica establecen que o lume foi intencionado e que se iniciou previsiblemente cun chisqueiro, tal e como recollen no atestado.
No que vai de ano, a PolicÃa Autonómica leva investigadas 37 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
Ante a climatoloxÃa actual, a Xunta apela á concienciación e á prudencia nos accesos e traballos en terreos agrarios de cara a evitar o rexistro de incendios. Asà mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanÃa o número de teléfono gratuÃto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuÃto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.