
Baixo o título Des-Educación: Pornografía e Violencias Sexuais' as xornadas afondarán en temas como os usos pornográficos en redes sociais e novos medios, a erotización da violencia, ou o desafío que as violencias sexuais, a prostitución e a pornografía supoñen para a educación e a información, e tratarán tamén rol que están a xogar as novas tecnoloxías e plataformas nesta problemática.
A Facultade de Ciencias da Educación da USC no Campus Sur acollerá estas xornadas cuxa inauguración contará coa presenza de Antonio López, reitor da USC; Mercedes Rosón, concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade de Santiago de Compostela; Carmen Fernández Morante, decana da Facultade de Ciencias da Educación; Teresa Moure, directora do CIFEX; e Rita Mª Radl Philipp, directora da actividade.
Especialmente dirixidas ás futuras e futuros profesionais do ámbito da educación, as xornadas están tamén abertas ás entidades que traballan a prol da igualdade, e a todo tipo de persoas interesadas nesta temática e na súa aplicación no ámbito comunitario, social e político do contexto autonómico, estatal e internacional.
A asistencia ten carácter gratuíto e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo ata o 7 de setembro, enviando cuberto o formulario de inscrición ao equipo organizador. O programa completo do evento está dispoñible na web da USC.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.