
Ata o mes de outubro, diversos lugares da comunidade acollerán sesións astronómicas públicas que se realizarán a simple vista ou con telescopios portátiles desprazados pola USC para a ocasión. As próximas citas terán lugar en Noia (o dÃa 30 de agosto), Santiago (o 31 de agosto), Teo (o dÃa 2 de setembro), Monforte de Lemos (o dÃa 5), Padrón (o dÃa 16), no Picro Sacro de Boqueixón (o dÃa 30), en Rianxo (o 2 de outubro) e novamente en Compostela, na Biblioteca Pública Ãnxel Casal (o 3 de outubro). Ademais do director do OARMA, José Ãngel Docobo, nas sesións participan integrantes do persoal investigador e colaborador do OARMA, como Pedro Pablo Campo, Xabier P. Couto, MarÃa Brea e Jorge G. Crespo. Nelas, as persoas asistentes aprenderán a identificar diferentes obxectos observables como as constelacións, coa contemplación do chamado triángulo de verán que conforman as estrelas brillantes Vega (na constelación da Lira), Altair (na Aguia), e Deneb (no Cisne), asà como a propia VÃa Láctea, visible cando os ceos están ben escuros, ou os planetas Xúpiter e Saturno, avistables á primeira hora da noite. Os telescopios desprazados pola USC posibilitarán ademais divisar estrelas dobres, nebulosas e cúmulos estelares e, sobre todo, os detalles da Lúa en canto esta entre na súa fase crecente. Cómpre sinalar que o calendario destas sesións de divulgación astronómica está suxeito ás condicións meteorolóxicas, pois poden imposibilitar o desenvolvemento da actividade.
O programa inclúe tamén diversas conferencias sobre a arte xacobea, sobre a súa mitoloxÃa e historia da man de Cecilia Doporto. A longo do mes de setembro celebraranse en Rodeiro (o dÃa 2), Silleda (o dÃa 10) e San Cristovo de Cea (o dÃa 23). Xa en outubro, haberá novas sesións en Chantada (o dÃa 7), Dozón (o 14), Palas de Rei (o 17), e LalÃn (o dÃa 20).
Todas as sesións son de balde e na páxina web do programa pódense consultar as vÃas para reservar as prazas dispoñibles en cada localización.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.