Archivo (7 del 2022)

Buscador

Noticias

O libro 'Lo que en la tuya me dices', un epistolario inédito editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e no que se recolle a correspondencia mantida durante trinta anos entre o poeta galego José Ángel Valente e o crítico asturiano Florentino Martino, acaba de saír do prelo.
No ano 2003 vía a luz o primeiro volume da Revista de Investigación en Educación, unha publicación científica impulsada pola Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte co obxectivo de dar visibilidade ás investigacións e innovacións que, desde un enfoque interdisciplinar, puñan o foco no ensino e aprendizaxe nos diferentes niveis educativos.
Do 16 ao 20 de xullo A Coruña acolle este congreso no que se dan cita preto de 200 investigadores internacionais que tratarán estudos sobre os mecanismos moleculares implicados no desenvolvemento de enfermidades neurodexenerativas, cardíacas ou cancro, e outras nas que alteracións nestas proteínas están implicadas no seu desenvolvemento e progreso.
A cidade alemá de Múnic acolleu do 5 ao 9 de xullo a celebración da Air Cargo Challenge, considerada unha das competicións interuniversitarias de enxeñaría aeronáutica máis importantes de Europa, na que participaron 26 equipos universitarios de 13 países. Entre eles por primeira vez houbo representación galega, o equipo de aeromodelismo da Universidade de Vigo, UVigo Aerotech.
A USC impulsa o maior proxecto europeo de educación sobre incendios forestais no vello continente, unha iniciativa de Aprendizaxe e Servizo incluída no programa Erasmus+ Strategic Partnership que pretende reforzar as capacidades formativas do personal docente e de diversos axentes sociais sobre cuestións ligadas coa problemática dos incendios forestais, a súa prevención, control e restauración de solos.
O proxecto 'Clock: Adaptación á redistribución dos stocks pesqueiros' chega ao seu fin logo de seis anos de actividade, nos que o grupo de investigación Future Oceans Lab do CIM da UVigo, que dirixe Elena Ojea, afondou no coñecemento científico sobre a adaptación da pesca aos impactos do cambio climático desde unha perspectiva socio-ecolóxica.
Un novo traballo publicado en Nature, no que participaron as investigadoras do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) Dolores Cortina Gil e Beatriz Fernández Domínguez, anuncia a primeira observación dun estado de materia exótica formado por só catro neutróns: o tetraneutrón. Unha das procuras continuas dende hai seis décadas en física nuclear consiste en saber se poden existir sistemas case-ligados formados unicamente por neutróns.
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acollerá os vindeiros días 12 a 15 de xullo o 11º Congreso Iberoamericano en Investigación Cualitativa, organizado Mercedes González Sanmamed (UDC), e Antonio Pedro Costa (Universidade de Aveiro). Trátase dun evento anual que reúne representantes da comunidade científica internacional para traballar nesta área de investigación.
A cidade belga de Liège acolleu onte a gala final do AI Song Contest 2022, a Eurovisión das cancións escritas por intelixenxia artificial. A candidatura galega AI-LALELO do equipo PAMP! acadou a segunda praza, logrando a mellor puntuación do televoto entre as cancións finalistas. O equipo logra así o mellor resultado xamais obtido por un equipo galego ou unha candidatura española.
As imaxes que, con maior ou menor nitidez, as persoas son quen de xerar nas súas mentes inflúen en aspectos como as respostas afectivas ou o estado de ánimo. Pese a iso, apenas existen estudos que poñan en relación a viveza ou o grao de control desas imaxes mentais coa 'ansiedade ante a morte', como explica Esther López, que centrou o seu traballo nesta 'pouco investigada relación'.
« Anterior | 2  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (116)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES