Archivo (12 del 2021)

Buscador

Noticias

'Sempre digo que son profesora, porque esa vocación vén da miña confianza no poder da educación e do coñecemento, os trazos da miña vida. Fíxenme investigadora para saber máis e poder transmitilo, a educación deume satisfaccións impagables'. Así se definiu a catedrática na área de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC, Rosario Álvarez, ao recoller o premio Otero Pedrayo que este ano organiza a Deputación de Pontevedra.
'Liberar a música dos espazos de escoita convencionais'. Esta é a proposta de 'Vertixe 9. En paralelo', un programa de intervencións, obradoiros, conferencias e concertos que dan continuidade á novena edición do Festival Vertixe Sonora de Creación Musical Contemporánea e que se desenvolven nestes días en diferentes puntos de Pontevedra.
O espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, despide este ano cunha ampla e diversa proposta cultural iniciada coas artes performativas que onte levou á sala a N+, de Masako Hattori, e continuará hoxe con CIAN, de Cris Vilariño, ás 20:00 horas. O luns, 20 de decembro, tamén ás 20:00 horas, actuará o Coro da UDC co concerto de Nadal.
Un Nadal máis, as nenas e nenos de Ourense teñen unha cita coas artes escénicas na Moti, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense, que este ano cumpre a súa maioría de idade, 18 anos. A pesar da redución do seu orzamento á metade, o certame consegue volver á palestra con sete espectáculos e nove representacións, de xéneros diversos e para distintos públicos, que se desenvolverán do 27 ao 29 de decembro e o 2 de xaneiro no Teatro Principal e no campus de Ourense.
Este premio recoñece un traballo sobre a percepción que os e as residentes de Melide e Pedrafita do Cebreiro teñen do Camiño de Santiago, así como unha tese que analiza a eficiencia dos centros especiais de emprego en Galicia. O certame está convocado polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia e o Consello Económico e Social de Galicia.
É a principal cita internacional sobre tecnoloxía e ensinanza de linguas e nela reúnense arredor de 250 persoas de países como Xapón, Australia, Brasil ou China. Este mércores arrancou a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo a VI edición do Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía, techLING2021, con cinco idiomas oficiais.
A Mesa Institucional do chamado 'Acordo da Sionlla' acaba de presentar o Polo Biotecnolóxico de Galicia. O vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, indicou que facer realidade espazos que favorezan a convivencia da xeración de coñecemento e a ciencia co ecosistema empresarial é sempre unha boa nova á que a Universidade non pode ser allea.
Poucas horas antes de que tivese lugar á súa inauguración oficial, dez estudantes do campus convertéronse nos primeiros protagonistas da sexta edición do Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas, que, un ano máis, abría o seu programa de proxeccións cos resultados do obradoiro que cada curso promove xunto coa Vicerreitoría do campus.
USC, UDC, UVigo e a Xunta acaban de selar un acordo de colaboración a través do cal o Sistema Universitario de Galicia (SUG) dótase de preto de sete millóns de euros para a adquisición e mellora de equipamento e instalacións científico-técnicas. O reitor da USC, Antonio López; mais os reitores da UVigo e da UDC, Manuel Reigosa e Julio Abalde, así como o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentaron este acordo.
A obra gañadora do VI Concurso Balbino de Relatos, Gumes entre a néboa, publicada por Edicións Fervenza, foi presentada esta fin de semana nun acto no que tamén se procedeu á entrega do premio ao gañador desta edición, Xosé Alfredo Naz Fernández, e que tivo como escenario o Museo do Mar de Vigo, na cidade natal do autor, e que contou co acompañamento musical de Mr. D. de 'Moon Cresta'.
« Anterior | 2  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES