Archivo (12 del 2021)

Buscador

Noticias

Os escritores lucenses Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares presentarán os seus últimos poemarios –respectivamente *ADN do infinito*, editado en Galicia, e *Vaga-lumes ao meio-día / Luciérnagas al mediodía*, editado en Brasil– no Centro Sociocultural de Fingoi este martes. Trátase de dous poemarios de carácter principalmente amoroso, temática que tanto Claudio Rodríguez Fer en galego como Saturnino Valladares en castelán teñen cultivado intensamente.
Coas súas seccións competitivas centradas nos primeiros e segundos filmes de realizadores e realizadoras noveis, o Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas desenvolverá entre o martes 14 e o domingo 19 de decembro a súa sexta edición. Ao longo da vindeira semana, proxectaranse no Teatro Principal os 13 filmes de diferentes países, a meirande parte deles estreas en Galicia, que foron seleccionados para as súas seccións oficial e Latexos, ao que se suman outra serie de proxeccións.
Un informe elaborado polo grupo de Economía Pesqueira e Recursos Naturais da USC para o goberno autonómico evidencia que a proposta de recorte nas posibilidades de pesca dalgunhas especies pon en risco arredor de 400 empregos na comunidade, unha ameaza que, sumada ás rebaixas de anos anteriores, afecta a máis de 700 postos de traballo.
'Non-artistas. Obradoiro para descubrir o teu lado creativo' é o título do taller que os estudantes da Facultade de Belas Artes Ailén Anahí Alcoba, Ada Amigo e Pedro Arranz levaron a cabo na Vicerreitoría do campus e no que convidaron a 14 persoas a explorar a súa creatividade dando forma a serie de obras que, ao longo do obradoiro, ían sumando as achegas do resto de participantes.
A música de cámara volverá sonar este mes no auditorio da Casa do Saber de Lugo da man do convenio Lugo Cultural, unha iniciativa promovida con apoio económico da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, que ofrece en decembro tres concertos incluídos nos ciclos Músicas a carón da Mosqueira e na nova proposta para as mañás dos sábados 'Clásica antes do Vermú'.
As probas realizadas cun head mounted display e con xogos e experiencias xa existentes para estes dispositivos permitiron aos investigadores das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Fisioterapia constatar que a aplicación deste tipo de tecnoloxía é factible con este colectivo e non produce efectos adversos, á vez que supón un factor positivo en termos de motivación e adherencia á actividade.
O vindeiro xoves terá lugar en Santiago a presentación do libro FUXINDO DA SAUDADE, do filósofo Pedro Rubal Pardeiro, e da web na súa honra, apoiada polo Concello de Alfoz, do que é Fillo Predilecto. Pedro Rubal, nonaxenario, é un especial caso de lucidez e esforzo, que desde hai máis dunha década publica semanalmente en GaliciaDigital un artigo no que, en base ao pensamento filosófico analiza acontecementos de actualidade con claridade e rigor.
O que hoxe coñecemos como mar Mediterráneo era, hai entre 230 a 66 millóns de anos, durante a era dos dinosauros, un complexo arquipélago tropical composto por centos de illas. A comunidade científica consideraba que a maioría desas illas eran tan pequenas que sería complicado que puidesen albergar poboacións de grandes saurios.
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou en Lugo que a Business Factory Aero (BFAero) é unha peza fundamental no marco da nova estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025 para seguir sumando talento e consolidando tecido empresarial. Os 19 proxectos que pasaron por esta aceleradora mobilizaron arredor de 5 millóns de euros, supuxeron 62 postos de traballo e a construción de oito novas empresas.
« Anterior | 3  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES