Notas de prensa

Presentación do libro 'Fuxindo da Saudade', de Pedro Rubal

O vindeiro xoves terá lugar en Santiago a presentación do libro FUXINDO DA SAUDADE, do filósofo Pedro Rubal Pardeiro, e da web na súa honra, apoiada polo Concello de Alfoz, do que é Fillo Predilecto. Pedro Rubal, nonaxenario, é un especial caso de lucidez e esforzo, que desde hai máis dunha década publica semanalmente en GaliciaDigital un artigo no que, en base ao pensamento filosófico analiza acontecementos de actualidade con claridade e rigor.

O libro FUXINDO DA SAUDADE recolle os artigos publicados en Galicia Digital nos últimos tempos. E despois de ser presentado na Casa da Cultura de Alfoz diante dos seus veciños, acode á Facultade de Filosofía de Compostela, invitado polo seu Decano, Marcelino Agís, que asimesmo acudíu a Alfoz para homenaxear ao autor na presentación do seu libro.

Colectivo Egeria, 2021-12-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-titeres-redondela-2026.jpg) A programación desta nova edición volverá combinar espectáculos de sala, funcións de rúa, instalacións, música e propostas participativas arredor do mundo dos monicreques, con compañías galegas como Tanxarina Títeres, Títeres Alakrán, Babaluva, Mircromina, Trécola Producións, Troula Animación ou Bico de Toupa, xunto a formacións chegadas de diferentes puntos do Estado e de países como Francia, Italia, Portugal, Uruguai ou Arxentina. Entre as montaxes destacadas figura A Biblioteca Galáctica contra IA Fantástica, de Tanxarina Títeres, recoñecida nos Premios María Casares 2026, ademais de propostas premiadas como Gloria Bendita, de Arteria Producciones, ou Érase unha vez… dous pés!, da italiana Teatro dei Piedi.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Os bos resultados acadados nos últimos anos en biotecnoloxía sitúan a Galicia nunha posición de referencia neste sector, con moita proxección de futuro. A biotecnoloxía pasou de ser unha aposta estratéxica a converterse nun sector económico e científico con masa crítica, capacidades diferenciais e resultados medibles. Así o amosan os resultados acadados na execución da Estratexia de consolidación do sector en Galicia 21-25. Entre eles, destaca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadando a cifra de 162 compañías actuais; unha facturación de 2.037 millóns de euros, que cuadriplica a de 2021 e se sitúa no 2,6% do PIB; ou o aumento do emprego cualificado vencellado ao sector, acadando as 5.693 persoas traballadoras, tres veces máis desde 2021.

Notas

Xornalista, escritora, activista e un dos discursos máis destacados do feminismo galego contemporáneo. Todas estas voces emanan da figura de Begoña Caamaño a quen neste 2026 se lle dedica o Día das Letras Galegas. A USC a través da Biblioteca Universitaria e da Ãrea de Cultura súmase a esta homenaxe cunha mostra que percorre a traxectoria vital da autora e o seu compromiso co pensamento crítico, coa lingua e cos dereitos das mulleres.
A UVigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento das vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas, coa publicación da sexta edición do catálogo Quero ser investigadora, unha publicación que recolle a historia de dez científicas da UVigo para inspirar as investigadoras do futuro. Ilustrado pola artista Alba Casanova, a través da técnica do collage debúxase a historia de dez novas referentes, dez científicas, mulleres, dez nenas que contribúen a construír un relato da ciencia máis xusto e representativo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES