
A modalidade 1 deste galardón premia os traballos de investigación que mellor contribúan ao coñecemento da realidade económica e social da comunidade e ao establecemento de polÃticas que melloren o benestar dos seus cidadáns. Na edición deste ano, premiouse o traballo ‘El impacto del Camino de Santiago a escala local: la percepción de los residentes de dos municipios gallegosÂ’, do que son autores Diana Fernández, M. Fernández e D. Riveiro, profesores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, e que está publicado na revista Cuadernos de Turismo. Deste traballo, o xurado destacou a relevancia e pertinencia da temática abordada, especialmente nun momento de controversia sobre a percepción dos diferentes impactos das actividades turÃsticas en xeral e, en particular, do Camiño de Santiago e a afluencia de peregrinos; considerando que “as conclusións do artigo, que son alcanzadas tras unha análise rigorosa, contribúen a un maior coñecemento para a toma de decisións sobre un recurso de tanta importancia para Galicia”.
Na Modalidade 2, centrada en teses de doutoramento, premiouse o estudo de Juan Torrelles Manent, titulado ‘Análisis de la eficiencia de los centros especiales de empleo en Galicia: visión económico-financiera y socialÂ’. A tese, defendida na USC, foi realizada no Programa de Doutoramento en EconomÃa e Empresa e dirixida polos profesores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC José Manuel Maside Sanfiz e Maria Celia López Penabad. O especial interese social do obxecto desta tese, xunto coa escaseza de estudos académicos sobre este tema, motivaron a selección por parte do xurado.
A modalidade 1 do certame está dotada de 2.000 euros, mentres que a tese premiada na segunda das modalidades recibirá 1.000 euros.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.