Archivo (12 del 2021)

Buscador

Noticias

A quinta edición da campaña de concienciación cidadá 1m2 polo campo, os bosques e o monte, coa que se conmemorou o Día Internacional das Montañas, saldouse coa caracterización de case 1.000 residuos en 17 puntos de Galicia.
A Xunta conmemorará en 2022 o 20 aniversario do pasamento de Camilo José Cela, unha celebración que difundirá o legado do Premio Nobel e da casa-museo de Iria Flavia como centro cultural de referencia. Así se acordou na xuntanza do Padroado da Fundación Cela, presidida polo conselleiro de Cultura.
As tres universidades galegas e a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia colaborarán na realización dun estudo sobre a incidencia do cambio climático na costa de Galicia, que incluirá as tarefas necesarias para completar o actual visor cartográfico que achega información sobre dúas variables: os riscos de inundacións e os da suba do nivel do mar.
Co obxectivo de darlle a benvida ao segundo Ano Santo deste excepcional Xacobeo e lembrar que a Porta Santa seguirá aberta durante os vindeiros 365 días, este venres 31 de decembro pola tarde a Catedral de Santiago volverá acoller un acto moi especial cheo de luz, cor e música que estará conducido polo recoñecido gaiteiro Carlos Núñez.
O Maratón Fotográfico rende unha homenaxe a Carlos Valcárcel, un dos grandes valedores deste certame promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, cuxos organizadores aproveitaron a entrega de premios e apertura da mostra das imaxes presentadas a concurso na Biblioteca Provincial de Lugo para facer unha emotiva semblanza do fotógrafo lugués recentemente finado.
Tivo lugar a entrega dos premios aos gañadores do X Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, convocado polo Concello de Mondoñedo. O galardón desta edición, na que participaron preto de 100 orixinais, foi para Lupe Gómez polo seu traballo 'Muiñeira da Pinguela'. 'O mapa do pintor', de Xurxo Alonso, e 'Os amantes', de Miriam Ferradáns, conseguiron o segundo e o terceiro premio.
A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, informou da decisión prorrogar en dúas semanas a campaña de vacinación contra a gripe, que se estenderá até mediados do mes de xaneiro de 2022, ou até esgotar as doses dispoñibles. O obxectivo desta medida é posibilitar que se poidan vacinar todas aquelas persoas que aínda non o fixeron ate o de agora, pertenzan ou non aos grupos de poboación cuxa vacinación contra a gripe está indicada.
O profesor da USC Jose Tubío acaba de ser recoñecido co XI Premio Nacional de Investigación en Cancro ‘Doutores Diz Pintado’ pola súa destacada traxectoria investigadora, que comezou en 2010, centrada no xenoma do cancro. Dende 2016, Tubío dirixe o grupo Xenomas e enfermidade do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) integrado por vinte investigadores.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este martes o documento 'Dixitalización. Galicia 2040', realizado pola súa unidade de investigación Galicia Grupo 2040. Nel destacan que a comunidade autónoma 'pode e debe tirar partido das oportunidades que achega a dixitalización, xa que conta con vimbios abondo para reducir a fenda tecnolóxica'.
Ao longo deste 2021 o proxecto arqueolóxico de Armea, nado en 2011 no marco da colaboración entre o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo e o Concello de Allariz, celebrou unha década de existencia. Para facer balance do traballo realizado e do seu impacto, vén de publicarse o libro 'Armea, 10 anos de actuación sobre o patrimonio cultural como motor de desenvolvemento rural'.
« Anterior | 1  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES