
A proxección dalgunhas das imaxes máis senlleiras captadas a través do obxectivo por Carlos Valcárcel, acompañada de explicacións técnicas e artísticas que permiten definir ou, cando menos, aproximarse á obra fotográfica de Valcárcel, serviu de preludio do acto de entrega de galardóns ás persoas gañadoras dos tres premios que cada ano reparte o Maratón Fotográfico do Campus de Lugo aos autores das tres mellores imaxes.
O xurado formado por Jesús Varela Zapata, Tareixa Ferreiro, Eduardo Rodríguez Ochoa e María Isabel Pérez Fórneas, distinguiu co Premio Carlos Valcárcel a fotografía presentada por Jamil Kaouaji Liberato, quen recibiu 350 euros en metálico, así como trofeo e diploma. O premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía ligada co tema proposto pola organización (o outono), recaeu na imaxe titulada Marcho que teño que marchar, de Ariadna López Núñez, quen recibiu 300 euros, trofeo e diploma. O premio á mellor fotografía presentada na modalidade de tema libre, dotado cunha gratificación en metálico de 250 euros, trofeo e diploma, foi para Ángela Mon Corbelle, pola fotografía Querencia.
A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo Montserrat Valcárcel, presidiu a cerimonia de entrega de premios e apertura da mostra conmemorativa do XXVII Maratón Fotográfico do Campus, unha exposición que permanecerá aberta na Biblioteca Provincial de Lugo ata o 27 de xaneiro de 2022. O adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Cultura, Internacionalización e Servizos, Jesús Varela Zapata, tamén participou nun acto ao que asistiron responsables políticos do Concello e da Deputación Provincial de Lugo, ademais do coordinador do certame, Eduardo Rodríguez Ochoa, responsables da biblioteca e familiares de Carlos Valcárcel. Todos os asistentes recibiron como obsequio un calendario con imaxes de Carlos Valcárcel.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.