
A Porta Santa volverá ser a protagonista desta benvida á segunda parte do Xacobeo concibido como un acto de transición entre os dous Anos Santos. Deste xeito, e a través dun espectáculo audiovisual, iluminarase a fachada da Quintana e a Porta Santa, lembrándolle asà aos peregrinos que o Xacobeo continúa ao longo do vindeiro ano.
O acto dará comezo a partir das 18,15 horas da man de Carlos Núñez, que interpretará tres temas musicais, o primeiro deles acompañado polo músico galego Xabier DÃaz. As notas destes internacionalmente recoñecidos artistas terán apoio audiovisual que se proxectará sobre a fachada da Quintana e que servirán de antesala do espectáculo audiovisual co que se iluminará a fachada da Quintana a través dun videomapping que incluirá luz e cor, asà como efectos sonoros e de 3D con obxectivo de lembrar a continuidade deste Xacobeo e convidar aos peregrinos do mundo a seguir camiñando a Galicia durante o 2022. O acto rematará cunha actuación musical a cargo da Real Banda de Gaitas de Pontevedra.
Retransmisión a través da TVG
O comezo oficial da segunda parte deste Xacobeo contará coa participación de autoridades e entidades convidadas vencelladas co Camiño de Santiago, ademais de que o público que asà o desexe poderá achegarse ata a Praza da Quintana para ver o evento en directo. Tal e como se fixo o ano pasado, o acto tamén poderá seguirse a través da retransmisión en directo ofrecida pola canle convencional de Televisión de Galicia asà como a través da canle de Youtube e redes sociais do Camiño de Santiago e Turismo de Galicia.
De igual xeito, ofrecerase este evento nas redes sociais de Turespaña e a través das diferentes canles de Youtube e redes das Oficinas de España no Exterior (OETs) de Frankfurt, Munich, Bruxelas, A Haia, Londres e Bos Aires, ademais de difundirse a información e a retransmisión do acto ás asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e centros galegos repartidos polo mundo, co obxectivo de seguir promovendo a celebración deste Xacobeo histórico fóra das nosas fronteiras.
O Atlantic Fest celebra este verán a súa décima edición consolidado como unha das citas musicais imprescindibles. Do 17 ao 19 de xullo, a praia da Concha de VilagarcÃa de Arousa volverá acoller un festival que combina música, paisaxe, gastronomÃa e identidade propia, converténdose nun dos grandes atractivos culturais e turÃsticos das RÃas Baixas durante a tempada estival. A décima edición do Atlantic Fest presenta unha programación que combina grandes nomes internacionais, referentes do panorama estatal e unha destacada presenza de artistas galegos. Entre as actuacións internacionais sobresae a presenza de Franz Ferdinand, nunha das súas poucas actuacións deste verán e única en Galicia.
O 60,66% dos 877 ciclos de Formación Profesional de réxime ordinario para o próximo curso en Galicia complétanse na primeira adxudicación de prazas pechada pola ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e que dá dereito a matrÃcula. Segundo os datos recabados, un total de 57.118 persoas presentaron solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional, o que representa un incremento de preto do 2% (1.069 solicitudes máis) con respecto ao curso 2025-26, o que confirma, un ano máis, o interese que espertan estas ensinanzas entre os cidadáns en Galicia. O maior número de solicitudes rexÃstranse nos ciclos superiores da modalidade ordinaria, con 15.893 solicitudes, 643 máis (un 4,22% de incremento) que o curso pasado.