
Neste senso, e co ánimo de acadar o maior número de poboación vacinada posible, Sanidade activou tamén a posibilidade de vacinarse contra a gripe nos grandes recintos habilitados para vacinarse da covid-19.
Acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada; e a subdirectora xeral de información sobre Saúde e Epidemioloxía, Marta Piñeiro, Carmen Durán trasladou os datos do balance parcial da campaña de vacinación contra gripe 2021.
Neste senso, sinalou que no que vai de campaña, o 72,3% da poboación galega con 65 ou máis anos xa se vacinou. Así, nestes momentos a porcentaxe de cobertura marca uns díxitos que incrementarían en case un punto os resultados finais da campaña do ano pasado. A porcentaxe de cobertura actual neste tramo de idade sitúase preto do 75% marcado como obxectivo polo departamento sanitario da Xunta. Ademais, con estas cifras provisionais de cobertura, Galicia superaría en máis de 12 puntos a media española, fixada en 59,8%.
Máis polo miúdo, no grupo de poboación con idades comprendidas entre os 65-69 anos xa se vacinou o 57,6% da poboación, no grupo 70-74 anos vacinouse o 66,2% e, no grupo de poboación con 75 ou máis anos o 79,7% de poboación xa está vacinada.
No que atinxe á vacinación dos profesionais sanitarios, este balance anticipado ao peche da campaña deixa unha cifras moi semellantes aos do ano pasado. Así, ao final de campaña do 2020 vacinaranse un total de 31.053 profesionais, polos 29.148 da actual campaña.
Con todo, onde se detectou un descenso de persoas vacinadas foi no caso das embarazadas, onde polo de agora se vacinaron 5.038 persoas, polas 7.792 da pasada campaña.
A directora xeral de Saúde Pública convidou a toda a poboación que aínda non se vacinou da gripe a facelo nas vindeiras datas, poñendo o foco naqueles persoas que integran os grupos de poboación diana. Ademais, lanzou unha mensaxe de agradecemento a todos os profesionais sanitarios, en especial ao persoal de enfermería, cuxo labor e esforzo está a protexer a saúde dos galegos e galegas.
Nesta mesma liña, Alberto Fuentes, subliñou que a vacina é a mellor ferramenta de prevención para evitar as complicacións que pode ocasionar esta enfermidade de carácter infeccioso-respiratorio.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.