
Con elas articulan o arquivo visual dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas, como sinalan no prólogo desta publicación.
As máis de 600 imaxes reunidas neste volume amosan letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos..., contribuíndo á conservación dun patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucos a alma dunha cidade, sinalan. De aí que, recoñece Lens, un dos propósitos deste libro sexa articular unha reivindicación respecto da conservación deste patrimonio gráfico, dada a súa progresiva desaparición. De feito, boa parte das imaxes, igual preto dun 70%, supoñen tamén un rexistro documental de elementos que xa non existen. Realizadas polos tres autores en múltiples puntos de Galicia, trátase de fotografías tomadas, principalmente entre 2005 e 2021, explica Lens, aínda que tamén poden atoparse algunhas realizadas na década de 1990.
Este fotógrafo e docente participará este xoves, xunto a Willemse e o director de edicións de Galaxia, Marcos Calveiro, na primeira presentación de Os rótulos da nosa vida, que terá lugar ás 19.30 horas na Galería Maraca de Vigo.
Un estudo da UVigo como xerme
Unha investigación desenvolvida no ano 2008 na Universidade de Vigo, no marco da Cátedra Filgueira Valverde, constitúe o punto de partida do proxecto de rexistro fotográfico que agora deu lugar a este libro. Trátase de Anacos da nosa historia, un proxecto de recuperación, documentación e catalogación dos letreiros comerciais e publicitarios de tipo tradicional da provincia de Pontevedra que Lens levou a cabo xunto cos tamén profesores da facultade Fortunato Rodríguez, Paulino Pérez, Alberto Dafonte, Carlos Soutelo, Jesús Pérez Seoane e o xa xubilado Xaime Fandiño. É un proxecto que comezou aquí e que logo evolucionou, traspasando as fronteira da provincia para expandirse cara toda Galicia, sinala.
Foi nese senso o informático e deseñador Robert Willemse, quen reuniunos agora a todos, explica Lens, para conformar esta escolma de 600 fotografías que se presentan neste libro. Willemse, informou Galaxia, dedicouse como fotógrafo afeccionado a documentar elementos gráficos nas rúas, como rótulos e letreiros que adoitan pasar frecuentemente inadvertidos e ao seu traballo e o de Lens sumouse o da arquitecta e enxeñeira residente en Londres Ana Cocho, cuxo interese co patrimonio gráfico comezou coa súa publicación Rotulados, editada no 2006 polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Condenados a desaparecer
No prólogo desta publicación, Lens, Cocho e Willemse sosteñen que poucas cousas hai que doten máis de identidade as rúas das nosas vilas e cidades que a presenza dos rótulos comerciais, ,máis aló de outro tipo de vestixios, mostras arquitectónicas ou escultóricas que contan xa cunha protección especial por parte das institucións. Pola contra, rótulos e carteis, pese a ser unha parte fundamental da personalidade da paisaxe urbana e de estar presentes no imaxinario de cada un de nós, están condenados a desaparecer, denuncian. Nese senso, os autores deste libro recoñecen que nas últimas décadas puido observarse unha corrente de conservación e de posta en valor destes elementos, resultado en boa medida do interese salgunhas persoas e asociacións. Pola contra, salvo algunha actuación moi puntual, sinalan, é moi estraño que desde as institucións se proxecten normativas que eviten a progresiva desaparición destes carteis comerciais. Ante esta situación, xorden iniciativas como a Red Ibérica en Defensa del Patrimonio Gráfico, da que forman parte os autores e autora dun libro que buscan axude a conformar unha boa idea do universo gráfico destas pezas excepcionais e avive as conciencias para evitar a súa desaparición.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.