Archivo (9 del 2020)

Buscador

Noticias

O Foro Económico de Galicia propón no seu último informe unha “imprescindible” reforma estrutural na xestión das terras. Entre as catro liñas de actuación que recomendan están priorizar a explotación do monte fronte aos dereitos de propiedade, unha ordenación efectiva dos usos do solo, coherencia das políticas públicas e impulso á iniciativa privada.
A cidade da Coruña celebra a Semana da Arquitectura cunha especial homenaxe ao arquitecto e profesor da Universidade da Coruña recentemente falecido Andrés Fernández-Albalat. A alcaldesa da Coruña presentou onte o programa de actividades nun acto que contou coa presenza do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura, Plácido Lizancos, entre outras persoas.
Os obradoiros correspondentes á quinta edición do programa ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ botaron a andar este martes no CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela a través do taller ‘Informática visual aplicada á bioloxía’. A actividade foi impartida por Eva Cernadas, profesora da USC na Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e investigadora do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou hoxe ao coñecido actor e humorista Xosé Luís Bernal Farruco, no acto de presentación do libro Eles e mais eu, no que o persoeiro compostelán fai memoria da súa cidade a través de semblanzas de santiagueses singulares. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade colabora na edición deste libro que dá ao prelo a Editorial Galaxia.
Empregar a performance como canle para expresar unha reflexión sobre a sexualidade, as identidades non normativas e os estereotipos que persisten en relación coa orientación sexual. Esta foi a proposta que o profesor Carlos Tejo trasladou ao alumnado da materia do grao en Belas Artes Proxectos de arte de acción e da que xurdiron unha serie de propostas que agora se ven plasmadas no catálogo 'Axitando a heteronormatividade'.
Presentouse na Cidade da Cultura a campaña de promoción do enoturismo no turismo de proximidade coa que dar a coñecer as experiencias turísticas vinculadas ás Rutas do Viño. No acto presentouse ademais unha plataforma de comercialización desde a que se ofertarán de forma telemática as reservas para participar nestas experiencias. Ambas iniciativas forman parte do convenio entre a Xunta e as Asociacións das Rutas do Viño, que se enmarca no programa Galicia Destino Seguro.
32 institucións de 17 países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo, participan no proxecto europeo FutureMARES, que ten como obxectivo o desenvolvemento de accións, estratexias e solucións baseadas na natureza, dirixidas a mitigar os efectos do cambio climático nos ecosistemas mariños. Financiado con máis de 8 millóns de euros polo programa Horizonte 2020 da Unión Europea, a institución viguesa está representada polo grupo Future Oceans Lab.
Só o 4% dos emprendedores abandonaron os seus plans para 2020 mentres que o 45% está reorientando o seu modelo de negocio. Son conclusións do Informe GEM-Galicia 2019-2020, elaborado polos investigadores da USC Loreto Fernández Fernández, Isabel Neira Gómez, Sara Fernández López, Emilio Ruzo Sanmartín, David Rodeiro Pazos, Marta Portela Maseda e Jacobo Feás Vázquez. Segundo os datos recadados, a COVID-19 afectará no 2020 a todas as fases do proceso emprendedor, aínda que de modo distinto.
O grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC afondará no desenvolvemento de tratamentos innovadores de cara á eliminación de antibióticos en augas residuais, así como na caracterización das comunidades bacterianas degradadoras de microplásticos, e no deseño por computador de bioprocesos innovadores para a produción sostible de produtos químicos. O Ministerio de Ciencia e Innovación aprobou a concesión de catro proxectos presentados por este grupo da USC.
O Festival Internacional de Cine Curtocircuíto deu a coñecer hoxe a programación completa coa que celebrará o seu décimo sétimo aniversario do 3 ao 11 de outubro en Santiago, nunha edición que por vez primeira combinará as actividades presenciais coas que desenvolverá en liña. Filmin será a nova sede do festival na rede, na que se poderán ver as seccións competitivas Radar, Explora e Penínsulas, así como a estrea de 'Lúa Vermella', o último traballo de Lois Patiño, que chegará a Santiago 9 de outubro.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES