
Baixo o tÃtulo de O monte galego do século XXI, o documento, coordinado polos membros da entidade e profesores de EconomÃa Aplicada Albino Prada, da Universidade de Vigo, e Edelmiro López, da Universidade de Santiago de Compostela, foi presentado este mércores no Centro Social Abanca de Santiago de Compostela nun acto que contou coa participación de ademais de Edelmiro López de Santiago Lago, catedrático da UVigo e director do Foro Económico de Galicia. O informe publicado ten a súa orixe na cuarta reunión anual do Foro Casal de Armán e nel ponse de manifesto que “é preciso construÃr (reconstruÃr) un aproveitamento diversificado, multifuncional, das terras de monte”, segundo explican en nota de prensa desde a entidade xestionada polo Grupo Gen.
Ao longo do informe, diferentes expertos, entre eles MarÃa Xosé Vázquez, tamén da UVigo, abordan temas como a diagnose xeral e cuestións para o debate sobre o papel do monte na Galicia do século XXI; o monte como espazo produtor de madeira (modelos produtivos, diversificación e ordenación de especies forestais); o potencial do monte para a produción doutros bens e servizos destinados ao mercado e a relevancia das súas funcións ambientais e paisaxÃsticas e como espazo de ocio. Tamén se tratan aspectos como o papel da cuberta vexetal na conservación das canles fluviais; a xestión transfronteiriza para a conservación da biodiversidade e o monte como historia viva desde o punto de vista da arqueoloxÃa e o patrimonio natural.
Non só unha perspectiva forestal
Os expertos do foro, indican no documento, consideran que tendo en conta as deficiencias que presenta a xestión das terras de monte “resulta imprescindible unha reforma estrutural que, sen alterar a estrutura da propiedade, impulse a mobilización produtiva e un axeitado aproveitamento destas superficies”. à hora de abordar o futuro das terras, detállase no texto, “estas non poden seguir contemplándose só desde unha perspectiva sectorial forestal” e apúntase como “o enfoque axeitado, ás tendencias a nivel europeo e ás demandas actuais da sociedade, é concibir o monte como elemento do desenvolvemento rural e da ordenación do territorio (unha óptica rural-territorial que substitúa ou complemente a sectorial forestal).
Segundo os autores deste traballo, nese novo aproveitamento das terras teñen que ter cabida usos moi diversos: produción de madeira de especies de crecemento rápido, madeiras de calidade, ganderÃa extensiva, biomasa e outras fontes de enerxÃa renovable, funcións ambientais e espazo de lecer. “Todos estes usos son compatibles cunha axeitada ordenación”, sinalan desde o Foro Económico de Galicia, plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade integrada por arredor de 60 profesionais.
Problemáticas e solucións
O modelo existente en Galicia, detallan os expertos no documento, está caracterizado por ser de especialización produtiva e espacial e provoca “importantes limitacións”, entre elas a forte dependencia dun número moi reducido de consumidores finais, a competencia doutras áreas do mundo, os problemas sanitarios e de adaptación ao cambio climático, a concentración das rendas na parte do territorio menos afectada polo despoboamento e a dificultade para xestionar unha biomasa que ameaza con aumentar os riscos de incendios. A dimensión dos problemas require, segundo os autores do estudo, a participación das administracións públicas para impulsar un modelo alternativo, aÃnda que tamén recoñecen que a fragmentación da propiedade é un obstáculo para pór en marcha este novo modelo. Como solución, apostan por instrumentos legais que permitan xestionar o uso do monte sen que a propiedade individual poida supoñer un bloqueo.
Para levar a cabo esta reforma de fondo, desde o Foro Económico de Galicia propoñen catro directrices. A primeira delas é unha ordenación efectiva dos usos do solo, que delimite as terras urbanizables, as de vocación forestal (cunha ordenación por especies) e as reservadas para cultivos e pastos. A segunda proposta é a configuración, na lexislación e nas polÃticas públicas, dun novo equilibrio entre propietarios e usuarios das terras, “un novo equilibrio que priorice os proxectos de aproveitamento (acordes coa ordenación de usos), fronte aos dereitos de propiedade”. A terceira liña de actuación recomendada é a coherencia dos incentivos das distintas polÃticas públicas, “corrixindo a fragmentación e contradicións entre as polÃticas sectoriais que seguimos encontrando na actualidade”. Por último, os expertos sinalan que “dado que a inmensa maiorÃa das superficies de monte en Galicia son de propiedade privada, a mellora do seu aproveitamento debe ser protagonizada pola iniciativa privada pero isto debe acompañarse dunha xestión pública directa de determinadas superficies”.
Galicia pecha o 2025 sendo, por terceiro ano consecutivo, a comunidade coa ratio de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil máis alta do conxunto do paÃs, segundo os datos oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Isto tradúcese en que o 64,3% dos nenos e nenas de entre 0 e 3 anos galegos acoden a unha escola infantil, unha cifra que se sitúa 15 puntos por enriba da media nacional (que é do 49,2%). Neste sentido, a conselleira de PolÃtica Social e Igualdade, Fabiola GarcÃa, lembra que estes datos tan positivos son un exemplo do bo funcionamento das polÃticas de conciliación impulsadas pola Xunta.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello acordou hoxe iniciar os trámites para a posta en marcha da primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia 2026-2028 coa que se prevén mobilizar máis de 400 millóns de euros. O obxectivo é dotar de maior competitividade ao tecido produtivo e situar a innovación no centro do desenvolvemento económico da comunidade. Esta medida enmárcase na aposta da Xunta por fomentar a innovación entre as empresas galegas. 'Se queremos un tecido produtivo moderno e competitivo, a innovación ten que formar parte indisoluble do seu dÃa a dÃa', resaltou.