
Valentín García animou á lectura deste traballo, non só aos composteláns, que gustarán de rescatar a memoria da súa cidade a través dos personaxes máis singulares do seu pasado recente, senón a todos os galegos, que seremos un pouco máis santiagueses tras coñecermos unhas semblanzas que nos achegan a vida desta urbe ata facérnola tamén nosa.
Xunto co representante da Xunta de Galicia, interviñeron na presentación de Eles e mais eu. Compostelaneando Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago; o escritor Suso de Toro, autor do limiar, e Xosé Luís Bernal Farruco, autor do libro. O acto foi presentado pola comunicadora Marga Pazos e estivo amenizado polos músicos Kike Azambuya Jazzman e Grigori Nedabora.
Semblanzas de composteláns destacados e curiosos
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade colabora na edición deste libro que dá ao prelo a Editorial Galaxia. Nel o actor e humorista Xosé Luís Bernal Farruco (Santiago de Compostela, 1942) fala da súa relación coa cidade onde naceu a través dos personaxes máis destacables e curiosos do seu tempo: as Marías, Maruxa e Coralia; Modesto El Churrero; Zapatones, o propio Farruco e moitos outros homes e mulleres singulares, que son contemplados cunha ollada capaz de crear historias que merecen ser contadas.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.