Archivo (9 del 2020)

Buscador

Noticias

Cada ano por estas datas a OV430 presenta a súa tempada de concertos. Nesta ocasión, coa intención de adaptarse á situación de incertidume provocada pola Covid-19, a orquestra presentou o seu Ciclo de Outono. Co patrocinio do Concello de Vigo, a tempada 2020-21 dividirase así en dous ciclos. Xa se coñece o primeiro deles, que se vai desenvolver durante os meses de setembro a decembro.
O III Congreso Internacional 'O Camiño do Medievalista' botou a andar este mércores de xeito telemático debido á pandemia por mor da COVID-19. O encontro celébrase os días 23, 24 e 26 de setembro baixo o lema 'E fazian fondamentos', palabras inspiradas no verso alfonsino 'e tragian muitas pedras para fazer fundamentos', que forma parte da segunda cobra da Cantiga de Santa María 358.
A Xunta de Galicia recoñecerá o compromiso solidario de persoas e organizacións a través dos Premios Galicia de Acción Voluntaria. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a primeira convocatoria destes galardóns cos que se distinguirá tanto á voluntaria/o como á entidade de acción voluntaria de 2020, e tamén ao mellor proxecto de acción voluntaria deste ano, levado a cabo por unha entidade de xeito individual ou varias de maneira conxunta.
O Festival de Teatro Galego-FETEGA Celso Parada desenvolverá no Carballiño do 23 ao 26 de setembro a súa 31ª edición cunha carteleira dedicada integramente á escena do país, con espectáculos de sala, animación de rúa e unha Escola do Espectador como principal novidade das súas actividades paralelas. Os organizadores do certame, que incorpora a Carlos Ledo como director, presentaron en Ourense toda a programación, nun acto no que participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Co lema de “Novas enerxías!” a programación de obradoiros da Universidade de Vigo no campus de Ourense xa está en marcha. Nesta ocasión son 14 as propostas que teñen á súa disposición as persoas, membros da comunidade universitaria ou cidadanía en xeral, interesadas en complementar a súa formación en eidos que van desde o teatro á identificación de cogomelos. Entre as novidades están actividades de escritura creativa, maxia, relación corpo-mente e atención ás necesidades de menores en casos de separación.
O traballo científico distinguido co Premio de Investigación 2020 céntrase no descubrimento dunha ferramenta para a reprogramación celular que abre novas portas ao estudo e ao tratamento de enfermidades coma o cancro e as doenzas autoinmunes. O equipo galardoado está liderado polo Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC e conta coa participación de grupos científicos de Reino Unido, Estados Unidos, China, Australia e Canadá.
A mostra, comisariada por Asunta Rodríguez, reúne unha escolma do traballo dos artistas galegos, todos eles pertencentes á RAGBA: Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado. Concretamente expóñense 23 pezas, entre as que se inclúen pinturas, esculturas e fotografías, enfiadas por citas e referencias literarias.
La Ribot é coreógrafa, bailarina e artista visual. Actualmente vive e traballa en Xenebra e as súas obras presentáronse tanto en museos e galerías de arte como en teatros, desde a Tate Modern de Londres, ao MNCARS de Madrid, o Centre Pompidou ou o Théâtre de la Ville de París. No ano 2000 foi galardoada co Premio Nacional de Danza e coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes en 2015, recoñecementos, ambos, outorgados polo Ministerio de Cultura.
Por terceiro curso académico consecutivo, o campus de Ourense, ao igual que os demais campus da UVigo, súmase á iniciativa Docs del Mes, ciclo de cinema documental que ten como obxectivo achegar o cine documental ao maior número de espectadores e abrilo a novos públicos proxectando documentais internacionais, de calidade e de temática e procedencia diversa. A programación ata finais de ano en Ourense constará nesta ocasión de catro proxeccións.
O catedrático de Historia da Educación, Antón Costa Rico, recolleu este mércores de mans do reitor Antonio López, o III Premio Luís Porteiro Garea en recoñecemento ao seu esforzo a prol da normalización do uso do galego na Universidade. No seu discurso, o premiado aproveitou para poñer o foco na necesidade de adquirir unha maior “confianza social” no uso do idioma propio de Galicia.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES