
“A pesar das dificultades que poidan xurdir pola covid-19 non queremos perder o programa de obradoiros, que é un programa de extensión universitaria absolutamente consolidado nos tres campus da Universidade”, explica Filemón Rivas, responsable de Actividades Culturais do campus de Ourense. Coa posta en marcha desta actividade, engade, “tamén queremos contribuÃr a recuperar dalgún xeito a normalidade dun curso normal”. A programación, organizada pola VicerreitorÃa do Campus de Ourense con financiamento da Deputación Provincial, oferta en total 222 prazas, non superando ningún dos obradoiros as 20 persoas e cun prezo de 40 euros para o público xeral e 26 para os membros da comunidade universitaria. Ademais de adaptar o aforo e as condicións de docencia á normativa esixida pola covid-19, a programación tamén adaptou o seu formato á nova realidade. "Como novidade este cuadrimestre ofertóuselle aos promotores dos obradoiros a posibilidade de que escollesen a modalidade presencial ou en liña ou mesmo empezar dun xeito e continuar doutro, escollendo cada un deles diferentes opcións”, comenta Filemón Rivas.
Propostas novas
Entre as novidades desta edición está un obradoiro de introdución ao ilusionismo e á maxia. A actividade, dirixida polo educador social Millán Brea, pretende ofrecer “un achegamento práctico do ilusionismo como recurso didáctico e ferramenta creativa e socializadora, todo isto mediante o estudo de efectos de ilusionismo e a súa explicación”. Outra das novas incorporacións é un taller de escritura creativa en lingua española, dirixido por Noelia Estévez e que quere ser “un achegamento á escrita creativa a través de persoeiros relevantes da cultura emerxente, que tratarán de proporcionar ferramentas e técnicas para a produción de textos propios en distintos xéneros literarios (narrativa, poesÃa e teatro)”. Xunto a estas propostas, que mesturan a formación presencial e a videoconferencia, chega á programación o obradoiro on-line Estratexias prácticas para responder ás necesidades especÃficas de fillos e fillas de proxenitores separados, desde a detección á intervención. Esta formación, dirixida por MarÃa José Vázquez, pretende dar a coñecer, de forma moi especial aos profesionais do ámbito educativo, psicolóxico e dos servizos sociais, os recursos que existen para apoiar ás familias que están pasando por un proceso de separación e divorcio.
No eido do benestar, volve, pero de xeito virtual, o programa de mindfulness, dirixido polo profesor Stuart McNicholls e “deseñado para iniciar a adultos nunha proposta que combina teorÃa, prácticas de grupo e prácticas individuais”. O mesmo docente impartirá este cuadrimestre un novo obradoiro, tamén virtual, chamado O tempo do corpo, que se presenta como “unha oportunidade para conectar e equilibrar a relación corpo-mente-emoción ao tempo que melloramos as capacidades fÃsicas a través do estudo e conciencia da estrutura anatómica e sensitiva, o movemento, a atención e a respiración”.
O obradoiro de mindfulness non é o único que volve de edicións anteriores. Despois da boa acollida que tivo a súa primeira edición repÃtese este cuadrimestre o de identificación práctica de cogomelos, dirixido por MarÃa Cabaleiro e no que se mestura a aprendizaxe de conceptos teóricos con saÃdas de campo. Tamén se celebra unha nova edición do obradoiro de intervencións asistidas con cans e cadelas, dirixido por Xosé Manuel Cid e orientado a explicar os beneficios do uso destes animais en terapia. Xa no eido da informática, Almudena Alonso e MarÃa Ainoa ofrecen o obradoiro MetodoloxÃas innovadoras e novas linguaxes. Robótica educativa, impresión 3D e e-téxtiles, que pretende ofrecer “unha oportunidade para reflexionar arredor das novas linguaxes e metodoloxÃas innovadoras”. Os tres serán fundamentalmente presenciais aÃnda que no caso do taller con animais tamén haberá parte en formato videoconferencia.
Continuidade en teatro, danza e gaita
Un curso académico máis volverán a impartirse as aulas de teatro e danza e o obradoiro de gaita do campus, que optan por un formato presencial que pasarÃa a virtual se asà o esixe a evolución da pandemia. As aulas de teatro estarán unha vez máis a cargo de Sarabela Teatro e con dirección de Fernando Dacosta. A aula de teatro Rosaura está aberta ás e aos que se inician nas artes escénicas; Cordelia ás e aos que xa teñen algo de experiencia e Maricastaña ás e os máis avanzados. A estes tres niveis engádeselle a Aula de Teatro Infantil Gepetto. Ademais, o campus conta cun Espazo Danza centrado na danza contemporánea e impartido polo grupo Traspediante. Por último, regresa o obradoiro de gaita galega ofrecido polo músico Gonzalo Abelairas e no que as e os inscritos, sexa cal sexa o seu nivel de formación, profundan neste instrumento e en xeral na música tradicional galega.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.