Notas de prensa

Os Premios Galicia de Acción Voluntaria recoñecerán a labor solidaria de persoas e asociacións fronte á covid-19

A Xunta de Galicia recoñecerá o compromiso solidario de persoas e organizacións a través dos Premios Galicia de Acción Voluntaria. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a primeira convocatoria destes galardóns cos que se distinguirá tanto á voluntaria/o como á entidade de acción voluntaria de 2020, e tamén ao mellor proxecto de acción voluntaria deste ano, levado a cabo por unha entidade de xeito individual ou varias de maneira conxunta.

Cada unha destas tres modalidades está dotada dunha contía de 4.000 euros. A posta en marcha deste certame enmárcase no Plan de recuperación social de Galicia e o xurado valorará, entre outras cuestións, que as iniciativas estean dirixidas a aportar solucións a loita contra a covid-19 e as súa consecuencias. Neste sentido, teranse en conta proxectos e actividades realizados con colectivos agraviados durante a emerxencia sanitaria, accións de formación e preparación para este tipo de emerxencias de persoal voluntario ou a rápida adopción de protocolos e medidas de protección.

Ademais, o xurado tamén tomará en consideración aquelas intervencións de voluntariado que teñan incidencia en áreas sensibles como o medio rural ou en materia de demografía.

As entidades e persoas voluntarias interesadas no certame teñen a partir de mañá un mes de prazo para cursar as súas candidaturas. Só se permitirá unha por cada modalidade e asociación, e deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As propostas candidatas terán que achegar co impreso de solicitude unha memoria do proxecto ou traxectoria; documentación oficial acreditativa dos méritos que alega emitida por organismo público ou privado, tal como diplomas e certificados; unha relación das actividades realizadas e calquera outra documentación que o solicitante considere relevante, como por exemplo: apoios á candidatura.

Premios Galicia de Acción Voluntaria, 2020-09-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES