Notas de prensa

A Orquestra Sinfónica Vigo 430 presenta o seu Ciclo de Outono

Cada ano por estas datas a OV430 presenta a súa tempada de concertos. Nesta ocasión, coa intención de adaptarse á situación de incertidume provocada pola Covid-19, a orquestra presentou o seu Ciclo de Outono. Co patrocinio do Concello de Vigo, a tempada 2020-21 dividirase así en dous ciclos. Xa se coñece o primeiro deles, que se vai desenvolver durante os meses de setembro a decembro.

A OV430 vaise presentar neles con diversos formatos; así, esta primeira parte da tempada constará de dous concertos desenrrolados pola formación sinfónica, un que ofrecerá a orquestra barroca, y outro que correrá a cargo dos ensembles de cámara. Vanse recuperar tamén nesta programación alguns dos concertos adiados por mor do confinamento. Na mesma, terá especial protagonismo a figura de Beethoven, pois atopámonos na recta final do 250 aniversario do seu nacemento.

Nas últimas semanas, a OV430 incorporou ademáis a dúas novas directoras asociadas, elas tamén serán protagonistas. Isabel Rubio dirixirá á formación sinfónica en dous concertos, e Lina Tur Bonet estará, nun deles, ao frente da barroca. Tamén se poderá disfrutar nos próximos meses na cidade de solistas da talla do oboísta barroco Rodrigo Gutiérrez, a pianista Anna Fedorova, a violinista Lir Vaginsky, ou dos guitarristas flamencos Jesús Pimentel (Cuchús) e Jorge Castañeda, entre outros.

Os concertos terán lugar nos auditorios Martín Códax e Afundación. En todos eles vaise cumplir con tódalas medidas de seguridade no que a aforos e protocolos sanitarios establecidos refírese. Neste momento, o aforo debe verse reducido pero, pese a iso, as entradas terán precios sumamente asequibles, e os “Amigos da Orquesta Vigo 430” terán preferencia á hora de reservar as localidades. Está previsto ademáis que os concertos poidan visualizarse, en directo a través de streaming ou posteriormente en diferido, grazas a colaboración de Tolemias.

Setembro 27. Bach: o concerto para violín e oboe

+ Concerto para violín en La menor + Suite Nº1
Orquestra Barroca Vigo 430
Rodrigo Gutiérrez (oboe)
Lina Tur Bonet (directora y solista)
Auditorio Martín Códax

Outubro 11. O 2º concerto para piano de Chopin

+ Sinfonía Nº4 de Beethoven
Orquestra Sinfónica Vigo 430
Anna Fedorova (piano) - Isabel Rubio (directora)
Teatro Afundación Vigo

Novembro 17. A música de cámara de Beethoven

Octeto para ventos op.103 + cuarteto de corda op.132
Lir Vaginsky (violín) - Ensemble Vigo 430

Decembro 15. Almudaina - Concerto para dúas guitarras flamencas de Cuchús

Pimentel
+ Suites orquestais de Ennio Morricone e John Williams
Orquestra Sinfónica Vigo 430.
Cuchús Pimentel & Jorge Castañeda (solistas) - Isabel Rubio (directora).
Teatro Afundacion Vigo

Orquestra Sinfónica Vigo 430, 2020-09-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES