
'Usamos este lema como unha metáfora da traxectoria do congreso, que alcanzou a súa terceira edición, fundamentando o seu crecemento'. O encontro pretende ofrecer aos máis novos investigadores un foro de utilidade científica onde compartir as súas investigacións, sinalan. Esta terceira edición vai contar con 37 comunicantes que se van reunir nunha aula virtual dende España, Suíza, Francia, Portugal, Italia, Reino Unido e México, vinculados a máis de vinte institucións académicas. As comunicacións repartiranse en dez mesas, cada unha dedicada a un tema específico de estudos medievais e cun marcado carácter interdisciplinario.
O relatorio inaugural corre a cargo da profesora Dolores Barral Rivadulla, no que aborda a indumentaria medieval. Os días 24 e 25, Mariña Arbor Aldea e Israel Sanmartín Barros analizarán, respectivamente, os resultados do proxecto Lírica e a relación entre historia e ficción na novela histórica sobre a Idade Media. O programa conta tamén cunha visita virtual á Catedral de Santiago de Compostela e ao seu Arquivo-Biblioteca o día 24 de Setembro. Así como na edición anterior, tamén este ano o Congreso quere seguir mantendo a súa vocación formativa para o estudantado que desexe mellorar o seu coñecemento sobre aqueles aspectos vinculados á Idade Media que se irán tratar. Por esta razón, esta actividade conta cun crédito ECTS recoñecido en Historia e Arte.
Alén da USC, toman parte na organización do encontro o Centro de História da Sociedade e da Cultura da Universidade de Coimbra e o Arquivo-Catedral de Santiago de Compostela, así como o portal sobre o mundo académico medieval Medievalitis.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.