Archivo (9 del 2020)

Buscador

Noticias

Case 18 000 persoas visitaron en menos tres meses o mapa interactivo que recrea a elevación do nivel do mar na Península Ibérica para o ano 2100, desenvolto pola empresa galega Ilux Visual Technologies para Afundación, dentro do intenso programa de actividades de concienciación ambiental impulsado pola Obra Social de ABANCA durante o mes de xuño no marco do seu programa de Sostibilidade.
O XIII Encontro da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU) botou a andar este martes para compartir experiencias e boas prácticas en materia de igualdade no ámbito universitario. Este encontro anual das unidades de igualdade das 52 universidades españolas que integran a rede RUIGEU, celébrase por primeira vez, e por causa da pandemia da COVID-19, en formato virtual, sendo a USC a universidade anfitrioa.
O ex-conselleiro estrea a súa faceta literaria coa publicación da novela 'Brianda de Moás', ambientada na Galicia medieval. Cunha mestura entre o real e o imaxinario, a crónica e a anécdota, o verosímil e o realista, o autor compón un fresco histórico e medieval, unha obra con enorme capacidade expresiva, insólita mostra de literatura na que xeografía e historia, topónimos e nomes propios de hai máis dun milenio entrecrúzanse na memoria dun particular cronista.
Fomentar o emprendemento para crear empresas de economía social que melloren a calidade de vida da sociedade, é a meta da nova aceleradora de proxectos que acaba de ver a luz na USC. Esta iniciativa está dirixida a estudantes e futuros emprendedores que poderán mellorar as súas competencias e reducir o tempo de posta en marcha dos seus proxectos. A inscrición para tomar parte na aceleradora pode realizarse en liña ata o 24 de setembro.
En GaliciaDigital, hai algo máis de catro anos (temos xa vinte de vida) demos en publicar libros agotados ou inéditos, dos que nin os seus autores nin nós tiñamos intereses comerciais, para poñelos ao dispor dos posibles interesados, independentemente do lugar onde residan, de xeito que de maneira gratuíta e inmediata o libro quedaba a dispor xeral, contribuindo á súa difusión, en complicidade con quen o creou e co interesado que pode lelo e imprimilo.
A exposición 'Rostros de ausencia' de Beatriz S. Saá acolle vinte obras interdisciplinarias que abranguen pintura, escultura e instalación, e que seguen a liña de traballo que a artista leva realizando durante os últimos anos na súa investigación académica sobre o alzhéimer. A mostra que foi inaugurada este xoves na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, pon o foco nos procesos consecutivos de modificación e perda da identidade.
A Universidade da Coruña retoma a actividade cultural do seu espazo de intervención, NORMAL, no campus de Riazor, coa exposición “Un lugar común. Derivas do deseño e da arte contemporánea” que se abrirá o vindeiro martes, 15 de setembro, ás 20:00 horas. Como complemento á exposición –que poderá ser visitada do 15 de setembro ao 4 de decembro–, o comisario e historiador da arte e do deseño contemporáneos David Barro impartirá 4 conferencias.
Visibilizar a cultura nun momento tan sombrío como o actual é un dos obxectivos de Alguén que respira!, o festival de poesía que se desenvolve no Teatro Principal de Santiago de Compostela entre o 19 e 21 de setembro. Aprazado en marzo por causa da covid-19, o respira! cambia o solsticio de primavera polo de outono pero conserva a súa esencia de servir como motor de reación poético, con cinco estreas e a presenza de máis de trinta de poetas.
A priori, a actual situación económica derivada da pandemia da covid-19, non semella o mellor momento para comezar a busca activa de emprego. Pero como case todas as situacións adversas, esta tamén pode supor unha oportunidade para formarse, coñecer as novas necesidades dun futuro mercado laboral da era pos-coronavirus e mellorar a formación. Con esta idea, a Universidade de Vigo pon en marcha os Xoves Empregables, unha serie de seminarios web cunha periodicidade mensual.
O ciclo, promovido polo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, celebrará tres concertos de 20 minutos en tres balcóns emblemáticos da nosa comunidade onde Susana, en solitario, repasará pezas significativas do noso patrimonio. A primeira cita será en Ribeira, o venres 11 de setembro, ás 22.15 h. Susana Seivane interpretará pezas vencelladas ao noso patrimonio musical, prestando especial atención á relación entre os temas e os lugares escollidos para celebrar os concertos.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (136)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES