
As sesións, 12 en total, desenvolveranse todos os xoves ata finais do mes de novembro de xeito virtual a través de Campus Remoto e serán impartidas por mentores, coach, profesionais independentes e responsables de recursos humanos de empresas e organizacións, co obxectivo de ofrecer ás persoas participantes un programa formativo que lle proporcione ao alumnado ferramentas e competencias transversais para impulsar a súa empregabilidade, como explica Maruxa Álvarez, directora da Área de Emprego e Emprendemento.
A través de 12 sesións independentes e de balde, terán a oportunidade de reflexionar sobre quen son, que retos laborais se presentan e como poden prepararse para afrontalos, mellorando así non só a súa empregabilidade, senón a súa propia marca persoal, remarca a responsable da área. Ao longo das sesións, as e os participantes poderán afondar no autocoñecemento para saber en que ámbitos profesionais se poden aplicar mellor as competencias e o perfil profesional e aprender a desenvolver os factores resilientes que son os que axudan a superar as crisis. Por outra banda, traballarase coa marca persoal nas redes sociais e con ferramentas que permitan a consecución dun maior dominio sobre o tempo persoal e profesional. O estudantado e as persoas egresadas tamén deseñarán e planificarán a estratexia profesional e a marca persoal no contexto do emprego 2.0 e descubrirán a creatividade como unha ferramenta útil no proceso de busca de emprego. Outra das liñas de traballo será o emprendemento así como as novas tendencias do mercado laboral. Finalmente, tamén se analizarán as oportunidades que ofrecen as TIC para o traballo colaborativo e o traballo en remoto e os perfís profesionais mais demandados polas empresas.
O programa arranca xa este xoves
A primeira das xornadas será xa mañá xoves, de 16.00 h a 18.00 h, baixo o título Pon o foco no teu futuro e achégate aos teus talentos. O reitor será o encargado de inaugurar a xornada e dar paso á relatora, Isabel Bonet, licenciada en Pedagoxía e especialista en logopedia, con experiencia na dirección e xestión educativa no ámbito público.
A próxima cita será con Pablo García Fortes, coach persoal e consultor en xestión e desenvolvemento de habilidades, formado na UVigo, cunha intervención que fará que as pesoas asistentes reflexionen sobre as súas capacidades e o seu potencial futuro.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.