
A terceira edición do Alguén que respira! chega carregada de emocións e acontecementos, pero tamén de retos e compromisos. Durante tres dÃas e cun programa de recitais excepcionais, o festival busca o máis difÃcil: romper as barreiras entre público e poetas nunha época de distancias fÃsicas. Fronte aos lÃmites impostos nas relacións sociais pola emerxencia sanitaria o festival pretende converter a poesÃa nun instrumento de aproximación comunitario.
O lema desta nova edición, Vós escribides o poema, amosa xa ata que punto o respira! asume e valora a necesidade de afianzar o compromiso do público coa cultura. Os protocolos contra a pandemia do covid-19 establecen aforos reducidos e medidas de circulación que, como un manual de instrucións, converten cada acto social nunha posta en escena performática e ao público en performers. Mesmo, a súa asistencia é un desafÃo que o festival agradece converténdoo no eixo dunha programación marcada pola sorpresa, as propostas máis arriscadas e a fisicidade, signos singulares dun programa único en Galicia, promovido polo Concello de Santiago coa colaboración da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica.
A responsabilidade é grande para a organización e baixo este principio articulouse o respira! baixo as máis estritas medidas de seguridade. O obxectivo é que o festival e o propio Teatro Principal sexan un expositor de como desenvolver programas culturais cos parámetros de seguridade máis esixentes.
Tan importante é garantir a protección de participantes e público como visibilizar os encontros culturais nun momento tan sombrÃo para a cultura como o actual.
Houbo cambios respecto do programa previsto en marzo, algúns significativos, como a suspensión do apartado out, que Ãa celebrarse en distintos espazos de ocio nocturno da cidade. AsÃ, por vez primeira non se celebrará o slam do respira!. Pero tamén hai suxestivas novidades, como o recital de Lupe Gómez – que leva xa anos sen ler os seus poemas en público– ou a presenza de Ada Salas, unha das poetas que contribuÃron a ensanchar os códigos lÃricos da chamada poesÃa do silencio.
A elaboración dun programa propio foi un dos sinais de identidade do Alguén que respira! nas primeiras convocatorias e nesa liña, este ano programouse unha ambiciosa rede de propostas realizadas para o Teatro Principal, ademais doutros espectáculos que chegan por primeira vez a Galicia, como é o caso da peza de Miguel Azguime con Salt itinery. Poetas, instrumentistas, compositores e compositoras, actores, performers ou videocreadoras ofrécennos os seus traballos de hibridación artÃstica, indagando en linguaxes propias e alleas, arriscándose coa palabra ou co silencio, co ruÃdo ou coa voz, pero sempre en contacto coa indicible condición de asombro e estrañeza que contén a poesÃa.
O programa inclúe o sábado 19, a partir das 21 horas, unha homenaxe á recentemente falecida Luz Pozo Garza, poeta que escribiu o manifesto deste ano. A mais da lectura do texto –que realizará Nieves Neira–, proxectarase Luzazul, gravación reeditada especialmente para o festival dunha longa entrevista que a poeta realizou na TVG. Pouco despois terá lugar o recital poético de apertura, coa participación de Beatriz Chvite, Lupe Gómez, Renato Filipe Cardoso, Manuel Rivas, Blanca Llum e Ada Salas.
Ese mesmo 19, pero pola mañá, a partir das 12:30, está prevista unha sesión de reguefa con algúns e algunhas das regueifeiras con maior pericia do paÃs, Lupe Blanco, Josiño da Teixeira, Olalla da Prica e Manolo de Burela.
Pola tarde e antes do recital inaugural, preséntase unha proposta singular, proxectada para o festival e realizada polo seu equipo artÃstico. Na dirección Antón Lopo e Baltasar Patiño na iluminación. A documentación foi de Séchu
Sende e o espazo sonoro un deseño de Ana Romanà e Chus Silva. Sobre o escenario do Teatro Principal, corpos construÃdos a si mesmos como ámbitos literarios. PoesÃa de radical fisicidade, con versos de Manuel Antonio ou de Cunqueiro, que os visitantes poderán ler escritos sobre un soporte insólito: a pel. Charo Lopez, Lupita Hard, Paulinha, Nébeda Piñeiro, Xosé Antonio Liste, Millán Fernández e Sonia Outes son os performers que nos achegan os seus corpos para a particular lectura.
Tamén poderá verse por vez primeira Sentadas na beira do escenario cos pés colgados, unha proposta de Celso Fernández SanmartÃn que supón o seu regreso á linguaxe poética. A esta peza, que poderá verse o venres ás oito da tarde, súmase a homenaxe que o festival lle rende ao poeta Francisco Cortegoso a través de Je vous salue, Fran Cortegoso, realizada por Pablo Fidalgo.
Polos diferentes espazos do festival poderán escoitarse e verse a case cincuenta poetas, algunhas delas inéditas en Galicia. A poesÃa en catalán terá unha sesión especÃfica o domingo dÃa 20 pola mañá con André Targa, Pol Guasch e Pau Vadell.
Entre os nomes incluÃdos no programa, figuran ademais Lara López, MarÃa Lado, Rafa Lobelle, Carlos Quiroga, David Trashumante, O Leo ou RosalÃa Fernández Rial.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.