Noticias

O Fisterra Experience pon en valor a música, o territorio e a natureza do 27 ao 29 de xuño

Música, territorio e natureza son os eixos fundamentais do Fisterra Experience, unha singular cita musical que regresa esta fin de semana á vila mariñeira de Fisterra co apoio dos Concertos do Xacobeo para celebrar a súa segunda edición os días 27, 28 e 29 de xuño. Fisterra Experience busca achegarse á arte dun modo cercano, ofrecendo experiencias únicas e inspiradoras. O festival explora as posibilidades que ofrecen o territorio e a natureza de Fisterra, desde unha ollada sostible e comunitaria. Entre as bandas e artistas destacados do seu cartel, danse cita nomes como Baiuca, Mondra, Helena Egea, Sabela & The Heartbreakers, A Pedreira e Andhrea & The Blacks Cats, entre moitos outros. Deste modo, o Fisterra Experience renace neste 2025 para ofrecer unha experiencia musical cualitativa que vai da electrónica ao soul, do pop ao jazz e a nova música tradicional, entre outros sons, nunha contorna única.

Música, territorio e natureza son os eixos fundamentais do Fisterra Experience, unha singular cita musical que regresa esta fin de semana á vila mariñeira de Fisterra co apoio dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia para celebrar a súa segunda edición os días 27, 28 e 29 de xuño. Así o presentou está mañá en rolda de prensa o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, quen salientou que co apoio a este evento “se dá cobertura a unha cita que aposta pola proximidade, a nosa paisaxe e a posta en valor do novo talento musical galego, aberto a xéneros e sons atractivos e diversos”.

Fisterra Experience busca achegarse á arte dun modo cercano, ofrecendo experiencias únicas e inspiradoras. O festival explora as posibilidades que ofrecen o territorio e a natureza de Fisterra, desde unha ollada sostible e comunitaria.

Entre as bandas e artistas destacados do seu cartel, danse cita nomes como Baiuca, Mondra, Helena Egea, Sabela & The Heartbreakers, A Pedreira e Andhrea & The Blacks Cats, entre moitos outros. Deste modo, o Fisterra Experience renace neste 2025 para ofrecer unha experiencia musical cualitativa que vai da electrónica ao soul, do pop ao jazz e a nova música tradicional, entre outros sons, nunha contorna única.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles engadiu tamén que “a dinamización do turismo nas nosas costas, a través de iniciativas como o Fisterra Experience, dan boa conta da riqueza e as posibilidades da contorna galega, onde é posible explorar a celebración de eventos sostibles, dinámicos, únicos e de gran calidade artística que fan diferencial á nosa oferta cultural na época estival”.

Concertos do Xacobeo

A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que da cobertura a todas as grandes e máis singulares citas e espectáculos musicais en 2025, como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o Morriña Fest, o novo Festival Jaleo!, o PortAmérica, o Resurrection, o Río Verbena, o Galicia Fest, o Fisterra Experience e máis de 120 festivais, ciclos e concertos imprescindibles en máis de 70 localidades de toda Galicia.

Na provincia da Coruña, Concertos do Xacobeo suma máis de medio centenar de eventos, entre eles, esta singular cita na vila de Fisterra. Turismo de Galicia potencia así o atractivo turístico nunha contorna cunha grande afluencia de visitantes na época estival, na que se poderá gozar de propostas artísticas de primeiro nivel coa celebración de ciclos, festivais e concertos dunha gran diversidade de xéneros e estilos para todos os públicos, con eventos abertos á mocidade, á infancia e aos adultos máis curiosos e esixentes.

Concertos do Xacobeo fomenta na Coruña a dinamización da economía local, co apoio a asociacións locais, motores da cultura propia, á hostalería e ao comercio; e, tamén, a posta en valor da paisaxe e a riqueza patrimonial local, xa que moitos dos eventos celébranse en espazos naturais e patrimoniais de gran valor da provincia.

R., 2025-06-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES