Notas de prensa

Unha nova aceleradora de proxectos impulsará a creación de empresas de economía social

Fomentar o emprendemento para crear empresas de economía social que melloren a calidade de vida da sociedade, é a meta da nova aceleradora de proxectos que acaba de ver a luz na USC. Esta iniciativa está dirixida a estudantes e futuros emprendedores que poderán mellorar as súas competencias e reducir o tempo de posta en marcha dos seus proxectos. A inscrición para tomar parte na aceleradora pode realizarse en liña ata o 24 de setembro.

As actividades da aceleradora desenvolveranse entre o 28 deste mes e o 13 de novembro.
As persoas interesadas, á hora de formalizar a inscrición, poderán elixir entre formación en liña a través de webinars, titorías individuais, busca de financiamento ou participar nunha mostra de economía social que servirá para que empresas e emprendedores podan dar a coñecer a súa actividade. “Os obxectivos principais desta nova aceleradora son fomentar o emprendemento a través da mellora dos coñecementos e as competencias, incentivar a creación de empresas de economía social, reducir o tempo de posta en marcha dos proxectos e favorecer o salto de escala de proxectos de economía social”, explica o profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC e promotor da aceleradora, David Rodeiro, pertencente ao grupo de investigación Valoración Financeira Aplicada.

Este programa está dirixido, principalmente, ao alumnado universitario, ás persoas emprendedoras con proxectos de economía social, ás empresas de economía social que aposten por un salto de escala e outras empresas que queiran transformarse en entidades de economía social.

A iniciativa enmárcase no programa de actuación 2020 de Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social e que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Experiencias previas

A USC participou con anterioridade, e xunto a outros socios de Galicia e o Norte de Portugal, nun proxecto denominado ‘LACES Economía Social’. O fin último dese proxecto foi contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. A meta consistía en conseguir un salto cuantitativo na capacidade para xerar e consolidar emprego a través da execución de programas piloto para a competitividade e impulso de empresas de economía social no espazo transfronteirizo, e así actuar como fonte de coñecemento e innovación para lograr modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo, deste xeito, a consolidación e creación de empresas e emprego de calidade na eurorrexión.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES