Notas de prensa

Afundación fai balance do mapa interactivo que recrea a previsión de elevación do nivel do mar desde hoxe ata 2100

Case 18 000 persoas visitaron en menos tres meses o mapa interactivo que recrea a elevación do nivel do mar na Península Ibérica para o ano 2100, desenvolto pola empresa galega Ilux Visual Technologies para Afundación, dentro do intenso programa de actividades de concienciación ambiental impulsado pola Obra Social de ABANCA durante o mes de xuño no marco do seu programa de Sostibilidade.

Ver mapa interactivo

O mapa interactivo elaborouse a partir de datos procedentes de diferentes estudos científicos internacionais sobre a previsión da elevación do nivel do mar no ano 2100.

A saúde dos océanos está a deteriorarse debido ao aumento das temperaturas, a acidificación da auga, o esgotamento dos recursos naturais e a contaminación dos ecosistemas terrestres e marítimos. Mostra, para un total de 62 puntos costeiros da Península Ibérica, a situación no ano 2020 e a estimación do terreo que quedaría por baixo do nivel do mar no ano 2100, segundo a interpretación dos estudos realizados por Climate Central, unha organización independente formada por científicos e xornalistas, que investigan sobre o cambio climático e informan á sociedade sobre os achados crave. O obxectivo desta recreación é informar sobre a urxencia e a importancia a escala mundial de conservar un océano saudable para as xeracións actuais e futuras.

ABANCA, mecenas único de Afundación, é signatario dos Principios para un Océano Sostible, de Nacións Unidas. Estes principios constitúen un marco de boas prácticas de actuación responsables no océano, común para todo tipo de sectores e xeografías. Con este compromiso recoñécese a importancia a escala mundial dun océano sostible, e materialízao a través de medidas que promovan o benestar do océano. Entre esas medidas está a de concienciar sobre as boas prácticas e difundir o coñecemento para que todos esteamos informados e podamos formar parte do cambio.

Afundación, 2020-09-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (autopista-ap9.jpg) A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
Foto de la tercera plana (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.

Notas

A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 botou a andar este mércores 18 na USC. O foro que se estende ata o venres 20 reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.
Conformado por seis estudantes de Belas Artes e unha alumna de Comunicación, o colectivo Recanto asumiu neste curso a coordinación da Sala O Abrigo, onde nestas semanas preséntanse tamén como artistas a través da mostra colectiva 'Dentro dun espazo maior'. Articulada arredor do significado da súa propia denominación, esta exposición levounos a construír o seu propio 'recanto' dentro deste espazo da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES