Archivo (3 del 2020)

Buscador

Noticias

A situación de alarma sanitaria que se está a vivir por mor da crise do COVID-19 implica que moitas das tarefas que se adoitan levar a cabo na vida cotiá deban desenvolverse tomando especiais precaucións. Chegar á casa cos produtos adquiridos nun supermercado é unha acción que debe facerse atendendo a certas pautas. "Aqueles produtos que veñen envasados en plástico deberían ser transferidos a recipientes caseiros", sinalan os virólogos da Facultade de Bioloxía Isabel Bandín e Carlos Pereira.
Galicia porá 157 aloxamentos turísticos a disposición de persoas afectadas pola crise do coronavirus como traballadores desprazados que presten servizos esenciais, colectivos de especial vulnerabilidade social, como persoas sen fogar, en exclusión social e vítimas de violencia de xénero, ou cidadáns en tránsito. Esta iniciativa ofrece unha alternativa aos 829 afectados polo peche de establecementos turísticos adoptado polo Goberno central.
Establecer un horario de traballo definido, incluíndo descansos periódicos, é unha das principais recomendacións do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC (SPR). Nas sesións de teletraballo que o persoal da Universidade desenvolve por mor da crise do COVID-19 e o decreto de estado de alarma, deben introducirse pausas, sendo máis recomendables os recesos curtos e frecuentes que longos e escasos. Durante as pausas é aconsellable realizar sinxelos exercicios de relaxación visual.
A redución da oferta de transporte público por estrada dependente da Xunta de Galicia acada o 80%, cunha caída da demanda que supera o 90%. Constátase así a efectividade das medidas adoptadas desde o establecemento do estado de alarma en España e de emerxencia sanitaria en Galicia para contribuír a reducir a mobilidade, atendendo ao mesmo tempo ás necesidades dos que se ven obrigados a desprazarse.
A Federación Galega de Municipios e Provincias inicia o reparto de equipos de protección entre os concellos galegos en colaboración coa Xunta . Así o anunciou hoxe o vicepresidente da Xunta tras unha videoconferencia cos delegados territoriais para coordinar a acción da Administración autonómica ante a epidemia. A medida, acordada en conversas coa Fegamp, vai destinada, principalmente, aos concellos máis pequenos que necesitan eses medios e non teñen outra forma de adquirilos.
A Consellería de Sanidade amplía desde esta mesma mañá o horario do reforzo, de ata 100 teleoperadores, para a atención exclusiva do teléfono gratuíto 900 400 116 de información e consulta sobre o coronavirus que se manterá desde as 8,00 ata as 24,00 horas durante todos os días da semana. O reforzo do persoal teleoperador do teléfono 900 400 116 de información sobre esta enfermidade comezou o pasado martes 17 de marzo en horario de 9,00 a 21,00.
As delegacións territorias da Xunta de Galicia acolleron a constitución dos respectivos Postos de Mando Avanzado (PMA) para coordinar todas as accións na provincia durante o estado de alarma polo coronavirus. O obxectivo é mellorar a coordinación cos concellos na loita contra o COVID-19, seguindo as instrucións da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Quedan por diante moitos días na casa e resulta imprescindible buscar momentos de ocio e de diversión pero tamén de aprendizaxe e repaso. É importante fixar uns hábitos especialmente de cara ás nenas nenas e nenos máis pequenos. Os Bolechas, a través da web e das diferentes canles dixitais, ofrecen alternativas didácticas e de ocio que farán máis levadeiro este tempo na compaña duns personaxes moi queridos para a rapazada galega.
Todos os hospitais da rede do Servicio Galego de Saúde están a facilitar a gratuidade das televisións das habitacións de pacientes que son de pago. Empezouse o pasado luns e, na actualidade, esta medida xa está implantada nos hospitais de Santiago, Vigo, Pontevedra, e A Coruña; así como no Hospital da Mariña e de Ferrol. Mañá implantarase nos hospitais de Lugo e Monforte. A Xerencia de Ourense está a traballar para buscar a solución que permita aplicar esta medida canto antes.
A Consellería de Educación vén de difundir, a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado e da súa rede de formación permanente, unha guía para facilitarlles aos docentes a aprendizaxe a distancia durante o período de suspensión das clases polo COVID-19. A guía recomenda facer unha planificación preliminar, desde a titoría e non por materia, co obxectivo de non sobrecargar con tarefas o alumnado e de establecer rutinas que permitan un esquema de traballo similar ao habitual.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES