
Na web dos Bolechas (osbolechas.gal) hai dispoñibles en aberto varios xogos, desde sopas de letras e quebracabezas a debuxos para colorear, xogos de preguntas e respostas etc. Tamén na páxina web hai un apartado de descargas con materiais especialmente deseñados para promover a motricidade e a creatividade. Entre as propostas hai dúas pensadas para o dÃa do pai, de forma que as nenas e nenos poidan continuar a súa actividade do xeito máis normalizado posible ao tempo que se divirten e aprenden.
Con este mesmo obxectivo na área didáctica da web hai dispoñible material para traballar diversas temáticas, tanto referentes a cultura e lingua como a hábitos saudables ou cidadanÃa, temas que cobran un especial interese neste momento no que a saúde, a solidariedade e a conciencia cÃvica e cidadá adquiren unha gran relevancia.
Outro material interesante é o curso de inglés-galego. Na páxina web osbolechas.gal/one2three, están dispoñibles tamén xogos e actividades, asà como os capÃtulos da serie, perfectos para repasar pasándoo en grande cos Bolechas.
Audiovisuais e libros online e novo material en redes
Ademais dos capÃtulos da serie One2Three, na canle de TV da web dos Bolechas hai dispoñible moito material audiovisual, desde concertos ata capÃtulos da serie dos Bolechas e de Brauliotuber, o programa de Braulio nos colexios galegos, que tamén poden verse na canle de Youtube dos Bolechas, na web da Televisión de Galicia e mesmo na app do XabarÃn. E, por suposto, cada dÃa a canle pública autonómica continúa emitindo as aventuras da popular familia na programación infantil da súa segunda canle.
Un material ao que se suman moitos dos libros e guÃas dos Bolechas dispoñibles online e novas propostas nas que se está a traballar e que se van publicando cada dÃa tanto na web como nas redes sociais dos Bolechas (Facebook e Twitter), co fin de colaborar a facer o máis levadeira posible esta difÃcil situación que estamos a vivir e normalizar no posible a vida diaria da cativada da man dos seus personaxes favoritos.
Todo cunha mensaxe moi clara que se encarga de transmitir estes dÃas, en nome de toda a familia, un dos personaxe máis queridos, Braulio Bolechas: #EuQuedoNaCasa.
Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalarÃa, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades especÃficas de Galicia.