
Esta actuación está enmarcada como complemento das medidas preventivas especiais nos centros sanitarios en materia de Saúde Pública, co obxectivo de manter unhas boas prácticas de prevención e contención da enfermidade. En concreto, coa medida de limitación a unha persoa como acompañante do paciente durante a estadÃa no centro sanitario. O obxectivo é facilitar e mellorar a estadÃa dos pacientes ingresados.
O pasado luns 16 de marzo, a Xunta deu instrucións a todos os centros do Servizo Galego de Saúde para que todas as televisións das habitacións de pacientes que tivesen televisión de pago, pasasen a ser de uso gratuÃto. Esta instrucción estivo condicionada ás dificultades técnicas de execución das mesmas (que precisasen cambiar instalacións en habitacións ou similares) e, nese caso, solicitábase a busca de alternativa.
Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalarÃa, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades especÃficas de Galicia.