
Tamén se aconsella alternar tarefas en caso de perÃodos intensos de utilización da pantalla. Establecer prazos realistas para levar a cabo as diferentes actuacións e comprobar periodicamente o seu cumprimento son outros dos consellos propostos polo SPR.
Procurar o benestar psicosocial
Vestirse para prepararse psicoloxicamente para empezar a traballar; comezar o dÃa á mesma hora de chegada ao posto de traballo; cambiar de habitáculo dentro da casa para axudar a desfacer bloqueos mentais; ou interactuar telefonicamente con compañeiros/as de traballo, son pautas precisas para desenvolver unha actividade equilibrada no dÃa a dÃa.
Outros dos consellos que proporciona o Servizo de Prevención de Riscos Laborais son lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, usar panos desbotables, evitar contacto con persoas enfermas e manter unha correcta alimentación.
Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalarÃa, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades especÃficas de Galicia.