
Tras o anuncio efectuado polo Executivo estatal o pasado xoves, e tras manter diferentes contactos co sector, a Xunta aprobou o pasado sábado unha orde que permitiu clarificar as condicións na que os diferentes aloxamentos poderán dar servizo ás persoas afectadas pola crise do coronavirus unha vez decretado o peche. En concreto, acordouse habilitar establecementos de garda nas principais cidades e outras zonas da Comunidade e seguir dando servizo a aquelas persoas de colectivos afectados que, no momento da declaración do estado de alarma, estiveran hospedadas de maneira estable cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias.
Estes establecementos non poderán ser empregados en ningún caso por persoas que decidiran saÃr dos seus lugares de orixe tras decretarse o estado de alarma o pasado 14 de marzo por unha razón que non estea amparada polo Real Decreto 463/2020.
Neste sentido, o BoletÃn Oficial do Estado recolle hoxe o listado inicial cos 37 aloxamentos remitidos pola Xunta a pasada fin de semana como establecementos de garda. Con todo, e para facer fronte á demanda de aloxamento por parte de traballadores e afectados pola crise do coronavirus –maior da prevista inicialmente polo Goberno central–, a Xunta notificou a ampliación deste listado ata os 157 establecementos, incluÃndo aqueles que poden continuar ofrecendo os seus servizos aos hóspedes de longa duración damnificados por esta crise cumprindo as condicións establecidas.
As persoas aloxadas disporán nos seus espazos habitacionais das dotacións necesarias para levar a cabo os servizos de primeira necesidade. O persoal do servizo de inspección da Xunta velará porque os establecementos respecten en todo o momento os requisitos esixidos e o cumprimento das normas ditadas.
En 63 concellos de toda a Comunidade
Os aloxamentos repártense en 63 concellos da Comunidade, permitindo dar servizo aos afectados pola crise do coronavirus en todo o territorio, para responder á dispersión xeográfica de Galicia. Do mesmo xeito, abranguen diferentes tipoloxÃas de aloxamento, permitindo ofrecer unha resposta axeitada a cada colectivo.
O Goberno galego agradece a resposta do sector ante esta situación e subliña que todos os establecementos que darán servizo aos afectados por esta crise decidiron colaborar voluntariamente. Precisamente, para a posta en marcha desta iniciativa a Xunta habilitou un buzón a través do que se resolveron numerosas dúbidas e se canalizaron os ofrecementos por parte do sector.
Agora, para a xestión de reservas e dúbidas sobre aloxamento, están dispoñibles o teléfono 986447060 e o enderezo mice@abramar.com, empresa especializada encargada de dar soporte nestas semanas á demanda aloxativa. Do mesmo xeito, toda a información poderá consultarse na páxina web de Turismo de Galicia.
Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalarÃa, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades especÃficas de Galicia.