
A Xunta de Galicia publicou o pasado 16 de marzo no Diario Oficial de Galicia a orde de medidas de obrigado cumprimento no transporte público regular por estrada, que establece a obriga dos operadores de transporte público de reducir a súa oferta a, cando menos, o 50%. En virtude das medidas adoptadas polo Ministerio de Transportes, a ocupación máxima dos vehÃculos de transporte quedou fixada nun terzo da súa capacidade, unha limitación que a Xunta estendeu tamén ao transporte marÃtimo.
Tras esas medidas, a redución efectiva da oferta do transporte público sitúase en torno ao 71% da existente nun dÃa non lectivo e do 80% con respecto á dun dÃa lectivo. Desa forma, o número expedicións diarias pasou de 7.200 a menos de 1.500.
Na actualidade, a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta está a priorizar a atención ás necesidades de mobilidade dos colectivos profesionais de servizos esenciais. Desa forma, reforzáronse xa os servizos de autobús entre Lugo e Sarria, coa fin de garantir a oferta para os traballadores do hospital Lucus Augusti.
Ademais, mañá comezará a funcionar un novo servizo ás 22,15 horas entre o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e San Pedro de Nos, en Oleiros, para cubrir as necesidades do persoal sanitario da quenda de tarde.
A web www.bus.gal contén toda a información sobre as empresas operadoras de transporte público, que poden facilitar información puntual sobre os seus servizos.
Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalarÃa, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades especÃficas de Galicia.