Archivo (3 del 2020)

Buscador

Noticias

Ponse en marcha a iniciativa 'Píldoras Solidarias. Entrenamiento Mental' da Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte (SIPD) que preside o psicólogo deportivo galego Joaquín Dosil. A Xunta promove, apoia e difunde xunto a SIPD este programa nacido para axudar á preparación e motivación dos e das deportistas, técnicos e técnicas, así como todos os representantes do tecido deportivo neste período de confinamento derivado da declaración do estado de alarma pola expansión do coronavirus.
O teléfono de Atención e Información á Cidadanía -012- canaliza, con carácter xeral, a atención á cidadanía desde que en Galicia se decretou a emerxencia sanitaria como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19. Entre o luns e a mañá de hoxe este número recibiu máis de 2.500 chamadas, entre as 1.015 rexistradas entre as 08,30 e as 14,30 horas de hoxe, e as 1.560 ingresadas na mesma franxa horaria do día de onte.
Vivir nunha situación de illamento como a que se está a experimentar por mor do estado de alarma decretado na loita contra o COVID-19, pode chegar a ser "difícil de xestionar" polo impacto que as súas limitacións producen na vida cotiá da cidadanía, afirma o profesor do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC, Fernando Vázquez. Neste senso, resulta fundamental seguir unha serie de pautas que xiren en torno ao auto coidado, afastarse das fontes de estrés e manter unha actitude activa e conectada.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, vén de emitir unha circular que define a estrutura do Plan de actuación das empresas de distribución de enerxía fronte ao coronavirus. O obxectivo é asegurar a continuidade da distribución da enerxía garantido a máxima seguridade e protección da saúde dos traballadores minimizando as fontes de risco para evitar contaxios.
O Servizo Galego de Saúde e os hospitais privados de Galicia van funcionar como un sistema único e integral, en cumprimento do disposto polas medidas adoptadas polo Ministerio de Sanidade. Deste xeito, o Goberno galego continúa coa coordinación con diferentes axentes para establecer actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do COVID-19. A Xunta manten o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia para actualizar as medidas e recomendacións.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que, tal e como se acordou polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) de Galicia, a rede de oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia pecha desde hoxe as súas portas ao público para ofrecer aos cidadáns atención tanto telefónica como telemática para a realización dos trámites urxentes, debido ás medidas adoptadas pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
Minerva, o repositorio institucional da USC, proporciona acceso, dende 2014, a coleccións bibliográficas dixitalizadas e a gran parte da produción investigadora e docente da Universidade de xeito aberto e en liña. Na actualidade, este fondo online está estruturado nos apartados Arquivo Histórico Universitario con 363 documentos; Biblioteca, o cal consta de 3411 recursos; Docencia e Innovación Educativa con 643; I+D+I, dotado de 12753 elementos; e Institucional con 2110.
Para garantir a protección da poboación fronte ao coronavirus e preservar os recursos sanitarios dispoñibles, o Servizo Galego de Saúde poderá reprogramar as citas co obxecto de facer fronte ás necesidades prioritarias. Tanto as citas de atención primaria e hospitalaria como as probas diagnósticas non urxentes poderán ser adiadas seguindo criterios clínicos e sempre se comunicarán os cambios de xeito individual.
O teléfono de Atención e Información á Cidadanía -012- recibiu 1.560 chamadas na mañá de hoxe, o que supón un 54% máis que nunha xornada habitual. O acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus, recolle que este teléfono canalizará, con carácter xeral, a atención á cidadanía.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica os procedementos selectivos de acceso do ano 2020. Serán 2.354 prazas en 97 especialidades diferentes, entre as que se inclúe a de portugués, co fin de continuar dando cumprimento á Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía (coñecida como Lei Paz Andrade). O prazo de inscrición estará aberto desde o 16 de marzo ata o 6 de abril. O procedemento selectivo dará comezo o día 20 de xuño de 2020.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (124)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES