Notas de prensa

O Sergas e os hospitais privados funcionarán como un sistema único e integral

O Servizo Galego de Saúde e os hospitais privados de Galicia van funcionar como un sistema único e integral, en cumprimento do disposto polas medidas adoptadas polo Ministerio de Sanidade. Deste xeito, o Goberno galego continúa coa coordinación con diferentes axentes para establecer actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do COVID-19. A Xunta manten o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia para actualizar as medidas e recomendacións.

Esta mesma mañá, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo unha vídeo conferencia cos responsables dos centros privados galegos para informarlles das medidas concretas que se porán en marcha para a coordinación integral da asistencia sanitaria entre hospitais públicos e privados.

Así mesmo, o conselleiro destacou que tamén se estableceu contacto con todas as empresas de ambulancias de Galicia, para elaborar un censo e establecer a coordinación necesaria que permita mobilizar os vehículos en caso de necesidade.

Durante a xuntanza Almuiña destacou que a Xunta continúa a mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia, en alerta e cunha vixilancia permanente para actualizar todas as medidas de recomendacións.

O conselleiro lembrou que a Xunta segue traballando desde a máxima coordinación tanto interdepartamental como co Ministerio de Sanidade.

Servizo Galego de Saúde, 2020-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (vilablues-2026.jpg) Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalaría, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades específicas de Galicia.

Notas

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos. Con isto responden afirmativamente nas dimensións n = 4 e n = 6 unha pregunta que o xeómetra francés Marcel Berger formulou en 1965 e que se resistira durante seis décadas.
No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES