Notas de prensa

Publicada unha circular que fixa a estrutura dos plans de actuación das empresas de distribución de enerxía fronte ao coronavirus

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, vén de emitir unha circular que define a estrutura do Plan de actuación das empresas de distribución de enerxía fronte ao coronavirus. O obxectivo é asegurar a continuidade da distribución da enerxía garantido a máxima seguridade e protección da saúde dos traballadores minimizando as fontes de risco para evitar contaxios.

Dado que a Dirección Xeral debe ser coñecedora dos plans que estas empresas están elaborando, para dotalos de homoxeneidade e coherencia, recolle na circular a estrutura que deben adoptar. Así, no eido do ámbito e organización do traballo e información interna, é necesario definir ao persoal preciso para a correcta operación e mantemento das redes de distribución de enerxía; asegurar a identificación de empregados, establecendo un plan de acción fronte a súa posible ausencia; evitar o acceso ás instalacións de persoal alleo á actividade que se desenvolve nas mesmas, limitando as visitas aos meramente necesarios para o mantemento das mesmas; establecer pautas para prever a propagación, valorando a posibilidade de que os empregados poidan traballar desde o seu domicilio e establecendo normas para modificar a frecuencia e o tipo de contacto de persoa a persoa, atendendo ás recomendacións sanitarias; elaborar e difundir un informe aos traballadores sobre o protocolo de actuación e organización de traballo e o protocolo de medidas de protección e resposta fronte ao coronavirus.

En canto á protección e saúde dos traballadores, teñen que adoptarse medidas tanto de hixiene persoal como ambiental. Por último, en canto aos plans de continxencia para a seguridade da subministración de enerxía, as empresas distribuidoras definirán as medidas necesarias para garantir a prestación e manter a continuidade na correcta operación e mantemento das súas infraestruturas, definido con claridade o protocolo de actuación no suposto de que o persoal crítico estivera en contacto co virus. Tamén contemplarán os mecanismos de revisión e actualización destes plans segundo a evolución da pandemia.

Estes plans terán que ser remitidos á Dirección Xeral de Enerxía e Minas, en formato electrónico a través do procedemento de comunicación xenérico para o seu coñecemento e remisión ás autoridades competentes no ámbito da saúde pública.

Consellería de Economía, Emprego e Industria, 2020-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (vilablues-2026.jpg) Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalaría, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades específicas de Galicia.

Notas

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos. Con isto responden afirmativamente nas dimensións n = 4 e n = 6 unha pregunta que o xeómetra francés Marcel Berger formulou en 1965 e que se resistira durante seis décadas.
No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES