
A iniciativa comezará mañá venres 20 de marzo ás 18,00 horas, cunha pílula de 10 minutos de adestramento mental en directo. A proposta levarase a cabo cada día á mesma hora e co mesmo formato cun referente da psicoloxía do deporte. Para participar nestas actividades cómpre completar o formulario presente nesta ligazón.
En total, estes adestramentos aos deportistas dun mínimo de 18 países: México, Guatemala, Nicaragua, Costa Rica, Porto Rico, Cuba, Honduras, Ecuador, Perú, Colombia, Venezuela, Brasil, Uruguai, Paraguai, Arxentina, Chile, España e Portugal.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, sinalou que nestes 15 días de corentena todos debemos cumprir as instrucións e permanecer na casa. Deste xeito animou aos deportistas galegos a modificar a súa rutina de adestramentos en beneficio de toda a sociedade, lembrando que a Xunta de Galicia xa está en contacto permanente coas administracións estatais para defender os dereitos do deporte galego.
Neste sentido, o programa Píldoras Solidarias é unha iniciativa na que participa a Secretaría Xeral para o Deporte que intenta minimizar os prexuízos que o confinamento pode causar na preparación de todos os actores do noso tecido deportivo.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.