Archivo (3 del 2020)

Buscador

Noticias

Está formada por cerca de 130 postais de principios do século XX que amosan as primeiras fotografías coñecidas de peregrinos. Trátase dunha mostra itinerante que arrancou no Cebreiro o pasado mes de outubro e que foi facendo paradas ao longo do Camiño Francés ata chegar a Compostela, onde se poderá visitar ata finais do mes de abril. A través de dez paneis, a exposición propón viaxar no tempo partindo das catro vías históricas do Camiño Francés para entrar en España por Roncesvalles e Somport.
O festival 'Alguén que respira!' reúne entre o 18 e o 20 de marzo en Compostela o máis escintilante cartel poético que existe en Galicia. Serán case cincuenta poetas e cinco estreas, entre elas o novo espectáculo de Rompente, a aposta de Mercedes Peón pola poesía ou unha homenaxe a Francisco Cortegoso. O programa conta coa presenza dalgunhas das voces máis impactantes do panorama galego e internacional.
Este mércores da comezo a oitava edición do festival Atlántica de narración oral cun dos espectáculos clásicos deste encontro: a gala inaugural. Baixo o título de ‘Varios ventos’, boa parte dos artistas do Atlántica vanse xuntar para brindar un petisco da súa arte. Coa denominación de ‘Varios ventos’ faise alusión ás voces que desta volta van encher de contos o Festival Atlántica. Haberá tempo para a tradición oral aragonesa que tan ben coñece Sandra Araguas e para as historias do polifacético Fernando Saldaña.
A xornada, na que participaron un total de 180 alumnos de 3º e 4º da ESO e na que colaboraron a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) e Inta, Boeing, Indra e Babcock, incluíu o programa educativo Science Truck, que busca entreter e espertar o interese dos máis novos pola ciencia, así como unha demostración de proxectos que se están levando a cabo nas instalacións de Rozas. O obxectivo da actividade era achegar aos rapaces a este sector innovador a través do Polo Aeroespacial de Galicia.
Convocado o proxecto EnCANtame Ler, de lectura apoiada por cans, unha iniciativa enmarcada no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares. O obxectivo é estimular a lectura entre o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o que, ademais de cans adestrados, se contará coa asistencia apoio dunha persoa psicoterapeuta especializada. Cómpre sinalar que a lectura apoiada con cans se emprega en moitos países como método de apoio á aprendizaxe e consolidación da lectura.
Nesta edición uns 30.000 estudantes de tres continentes participan en actividades e visitas a laboratorios en 101 universidades e centros de investigación de Italia, España, Alemaña, Australia, Suecia, Portugal, Colombia, Francia, Austria, Polonia, Grecia, Holanda e Hungría. En España, ademais da USC, participan outras sete universidades e centros de investigación da ‘Red de Terapia Celular’, coordinados desde a Universidade de Barcelona.
'O Son do Camiño' presentou hoxe a súa terceira edición, a gran cita musical que, un ano máis, congregará a artistas de primeiro nivel no Monte do Gozo. Este evento, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de xuño, volverá situar Galicia como un referente do turismo de festivais da man dunha decena de bandas de renome internacional, que suman 12 premios Grammy, e dunha quincena de artistas e bandas da nosa Comunidade que converterán esta edición na máis galega da súa historia.
Tres candidaturas concorren ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, na súa décimo sexta edición: a actual correspondente de Televisión Española en Asia-Pacífico, Mavi Doñate; o recentemente cesado como director da Axencia Efe, Fernando Garea; e Lorenzo Milá, correspondente tamén de Televisión Española, neste caso en Roma.
A Universidade de Santiago de Compostela crea un Comité de Seguimenton para o caso da crise internacional relacionada co coronavirus ou COVID-19. Este grupo, que está presidido polo reitor, reúnese o venres 6 de marzo co obxectivo de xestionar unha liña de comunicación permanente coas autoridades con competencias en materia sanitaria para coordinarse con elas e, en cada momento, actuar do xeito máis eficaz e seguro posible.
O Concello de Ourense porá en marcha este ano o Premio Nós de Relatos, unha iniciativa que nace con motivo da conmemoración do centenario da Revista Nós, coa que quere render homenaxe ao traballo deste grupo, á revista e en definitiva a un dos proxectos culturais máis singulares e que situaron a cidade de Ourense como a Atenas de Galicia.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES