Notas de prensa

O Polo Aeroespacial de Galicia acolle a 180 mozos e mozas galegos para espertar neles as vocacións científico-tecnolóxicas

A xornada, na que participaron un total de 180 alumnos de 3º e 4º da ESO e na que colaboraron a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) e Inta, Boeing, Indra e Babcock, incluíu o programa educativo Science Truck, que busca entreter e espertar o interese dos máis novos pola ciencia, así como unha demostración de proxectos que se están levando a cabo nas instalacións de Rozas. O obxectivo da actividade era achegar aos rapaces a este sector innovador a través do Polo Aeroespacial de Galicia.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta mañá, durante o Open day celebrado hoxe, a importancia de achegar o Polo Aeroespacial de Galicia aos mozos e mozas galegos para espertar neles futuras vocacións STEM: “Queremos achegarnos ao talento mozo para sumar vocacións e que os máis novos identifiquen as oportunidades de futuro que para o seu desenvolvemento profesional ofrece este sector”, asegurou.

A xornada, na que participaron un total de 180 alumnos de 3º e 4º da ESO e na que colaboraron a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) e Inta, Boeing, Indra e Babcock, incluíu o programa educativo Science Truck, que busca entreter e espertar o interese dos máis novos pola ciencia, así como unha demostración de proxectos que se están levando a cabo nas instalacións de Rozas. O obxectivo da actividade era achegar aos rapaces a este sector innovador a través do Polo Aeroespacial de Galicia e, ao mesmo tempo, visibilizar o traballo que se está realizando no ámbito dos vehículos áereos non tripulados e espertar nos máis novos a súa curiosidade polas vocacións científico- tecnolóxicas.

Este Open day enmárcase no programa Voando alto, sumando vocacións que se dirixe a 2350 estudantes de todos os niveis educativos e público xeral e que proximamente porá en marcha, tamén, as actividades Enxeñando futuro en colaboración con Indra e Fly the future con Babcock. “O obxectivo final é estimular nos nosos rapaces e rapazas o talento innovador”, destacou Conde.

O conselleiro explicou que o sector dos vehículos aéreos non tripulados está en crecemento e que está previsto que no 2035 haxa en Europa máis de 400.000 usuarios e que se xeren 90.000 postos de traballo, polo que se Galicia quere consolidar esa posición de referencia debe estimular novas vocacións a apoiar o talento mozo innovador.

Polo Aeroespacial de Galicia, 2020-03-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (vilablues-2026.jpg) Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalaría, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades específicas de Galicia.

Notas

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos. Con isto responden afirmativamente nas dimensións n = 4 e n = 6 unha pregunta que o xeómetra francés Marcel Berger formulou en 1965 e que se resistira durante seis décadas.
No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES