Notas de prensa

O Festival Atlántica celebra a gala inaugural da súa oitava edición

Este mércores da comezo a oitava edición do festival Atlántica de narración oral cun dos espectáculos clásicos deste encontro: a gala inaugural. Baixo o título de ‘Varios ventos’, boa parte dos artistas do Atlántica vanse xuntar para brindar un petisco da súa arte. Coa denominación de ‘Varios ventos’ faise alusión ás voces que desta volta van encher de contos o Festival Atlántica. Haberá tempo para a tradición oral aragonesa que tan ben coñece Sandra Araguas e para as historias do polifacético Fernando Saldaña.

Este mércores, 11 de marzo, vai dar comezo a oitava edición do festival Atlántica de narración oral cun dos espectáculos clásicos deste encontro: a gala inaugural. Baixo o título de ‘Varios ventos’, boa parte dos artistas do Atlántica vanse xuntar para brindar un petisco da súa arte no escenario do Teatro Principal a partir das 21 horas. As entradas teñen un prezo de 12 euros e é posible adquirilas na web da ABANCA (https://entradas.abanca.com) e tamén na billeteira do propio Teatro Principal de 18 a 21 horas e o mesmo día da función.

Coa denominación de ‘Varios ventos’ faise alusión ás voces que desta volta van encher de contos o Festival Atlántica. Haberá tempo para a tradición oral aragonesa que tan ben coñece Sandra Araguas (Huesca) e para as historias do polifacético Fernando Saldaña (Salamanca), tamén popular polas súas facetas como mago, actor, director de teatro, ilustrador e humorista gráfico.

Doutra beira do Atlántico chegarán as narracións e a música de Aline Cântia e Chicó do Céu (Brasil), fundadores do Instituto Cultural Abrapalavra Arte, unha referencia internacional en proxectos sobre educación e memoria social. E, por suposto, non faltarán as voces galegas: Cris de Caldas, Quico Cadaval, Sole Felloza, Celso F. Sanmartín, Cándido Pazó, Charo Pita, Santi Prego e María da Pontragha. Ademais, todos estas intervencións van ter como fío condutor a música de Marcelo Dobode.

Con ‘Varios ventos’ comeza o intenso programa do VIII Festival Atlántica que se desenvolverá ata o vindeiro 20 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Narración Oral. 25 contadores de Colombia, Brasil, Portugal, Venezuela, Palestina e Galicia van brindar case sesenta espectáculos repartidos nos concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén e Bertamiráns.

Festival Atlántica, 2020-03-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES