Notas de prensa

Convocado o programa EnCANtame Ler, a través do que se empregan os cans adestrados para estimular a lectura

Convocado o proxecto EnCANtame Ler, de lectura apoiada por cans, unha iniciativa enmarcada no Plan LÃA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares. O obxectivo é estimular a lectura entre o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o que, ademais de cans adestrados, se contará coa asistencia apoio dunha persoa psicoterapeuta especializada. Cómpre sinalar que a lectura apoiada con cans se emprega en moitos países como método de apoio á aprendizaxe e consolidación da lectura.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar o proxecto EnCANtame Ler, de lectura apoiada por cans, unha iniciativa enmarcada no Plan LÃA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares. O obxectivo é estimular a lectura entre o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o que, ademais de cans adestrados, se contará coa asistencia apoio dunha persoa psicoterapeuta especializada.

Poderán participar nesta iniciativa tanto Centros de Educación Especial (CEE) como Centros de Educación Infantil e Primaria Todos eles deberán estar integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Nesta primeira edición do proxecto seleccionaranse 10 centros educativos, que desenvolverán un total de 10 sesións de lectura apoiadas por cans durante este curso 2019/2020.

Os centros interesados deberán presentar a súa solicitude, xunto cun breve proxecto arredor da actividade, a través do correo electrónico asesoria.bibliotecas@edu.xunta.gal. O prazo remata o próximo 12 de marzo.

Cómpre sinalar que a lectura apoiada con cans se emprega en moitos países como método de apoio á aprendizaxe e consolidación da lectura. A través dela procúrase converter o acto de ler nunha actividade lúdica, nun ambiente cálido, onde todo vai a acontecer arredor do can e o alumnado pode estar relaxado e cómodo por non ser o centro de atención. A presenza do can actúa ademais como un elemento motivador, xa que crea un ambiente diferente da clase tradicional e transforma a metodoloxía de ensino, ademais de constituír un “acompañante” que non vai xulgar ao neno e que, polo tanto, lle vai dar maior seguridade. Deste xeito esta experiencia piloto pretende ser unha ferramenta diante das dificultades de aprendizaxe a través do apoio que supón o can.

Coa asistencia da persoa psicoterapeuta, o programa permite ademais mellorar a comunicación verbal e non verbal do alumnado, a súa comprensión lectora e promover a aprendizaxe cooperativa e a interacción entre os alumnos, co que iso implica ao nivel do manexo emocional.

EnCANtame Ler, 2020-03-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (vilablues-2026.jpg) Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalaría, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades específicas de Galicia.

Notas

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos. Con isto responden afirmativamente nas dimensións n = 4 e n = 6 unha pregunta que o xeómetra francés Marcel Berger formulou en 1965 e que se resistira durante seis décadas.
No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES