Notas de prensa

A USC crea o Comité de Seguimento específico para o caso do COVID-19

A Universidade de Santiago de Compostela crea un Comité de Seguimenton para o caso da crise internacional relacionada co coronavirus ou COVID-19. Este grupo, que está presidido polo reitor, reúnese o venres 6 de marzo co obxectivo de xestionar unha liña de comunicación permanente coas autoridades con competencias en materia sanitaria para coordinarse con elas e, en cada momento, actuar do xeito máis eficaz e seguro posible.

Ademais do reitor e outros membros do goberno da Universidade, forman parte do grupo responsables do Servizo de Vixilancia da Saúde, da Facultade de Medicina e do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina, de quen depende a área de coñecemento de Medicina Preventiva e Saúde Pública.

Tal e como se adiantou no comunicado oficial, e seguindo as recomendacións das autoridades con responsabilidade en materia sanitaria, dende a USC queremos facer un chamamento a evitar a alarma innecesaria e a confiar nas medidas e accións emprendidas polos diferentes países para controlar a epidemia e minimizar os seus efectos. O obxectivo primeiro da USC é o de garantir a seguridade do alumnado e persoal polo que, neste momento, pedimos a todos os membros da comunidade universitaria consultar e seguir os protocolos das autoridades locais, nacionais e da OMS.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-03-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (vilablues-2026.jpg) Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalaría, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades específicas de Galicia.

Notas

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos. Con isto responden afirmativamente nas dimensións n = 4 e n = 6 unha pregunta que o xeómetra francés Marcel Berger formulou en 1965 e que se resistira durante seis décadas.
No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES